GALICIA
A Xunta concede unha media de 6.800 certificados de profesionalidade cada ano
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou nunha xornada na Universidade da Coruña sobre innovación nas políticas de emprego
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou na xornada A innovación nas políticas activas de emprego no paraninfo da Universidade da Coruña onde puxo en valor os certificados de profesionalidade como “vía para facilitar a selección de persoal e a inserción laboral”.
No período 2018-2022 Galicia concedeu cerca de 34.000 certificados de profesionalidade, unha media de 6.800 ao ano. As familias profesionais máis demandadas neste quinquenio foron servizos socioculturais e á comunidade (1 de cada 3 concedidos), seguida de administración e xestión (10,7%), comercio e mercadotecnia (7%), a familia agraria (5,8%) e a de seguridade e medio ambiente (5,5%).
Tal e como relatou Lado, entre 2018 e 2022, o 53% das persoas que obtiveron un certificado de profesionalidade en Galicia foron mulleres. En canto á idade, subliñou, destaca o colectivo con máis de 30 anos, ao representar o 79,5% fronte ao 20,5% de menores desa idade.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, financiou entre 2009 e 2022 accións formativas nas que tomaron parte 128.588 participantes. Máis de 26.500 na especialidade de servizos socioculturais e á comunidade, máis de 23.000 de administración e xestión e máis de 9.000 en comercio e márketing, informática e comunicacións e fabricación mecánica, entre as 25 familias ofertadas.
“A flexibilidade e a escalabilidade, como valor engadido, son determinantes para incrementar o atractivo e a demanda destes certificados”, especificou a directora xeral, que avogou por “favorecer iniciativas para un maior impacto no nivel formativo, especialmente, da poboación traballadora con baixa cualificación”. Trátase, como dixo, de “incrementar a taxa de impacto para que cada vez maiores grupos de poboación se beneficien das súas vantaxes”.
Avogou por incrementar a taxa de impacto para que colectivos de poboación menos cualificados se beneficien destas acreditacións oficiais
Remarcou Lado que os certificados resultan especialmente útiles para perfís profesionais e académicos, como persoas desempregadas ou empregadas que queren ampliar ás súas oportunidades laborais , titulados de calquera nivel académico que desexan mellorar o seu perfil ou reinventarse profesionalmente ou para persoas que buscan actualizar os seus coñecementos.
O valor diferencial destes títulos radica en que supoñen unha acreditación oficial con validez en todo o territorio nacional e é unha formación “cualificante” eficazmente adaptada ás demandas do tecido produtivo que acredita que a persoa que o posúe ten os coñecementos, as destrezas e as competencias necesarias para exercer unha determinada actividade laboral. Ademais, incidiu a directora xeral, “proporcionan novas oportunidades laborais para as persoas desempregadas, facilitan a aprendizaxe e a actualización profesional ao longo da vida e son solución para dar resposta á escaseza de persoal cualificado dalgunhas empresas”, entre outros beneficios.
Lado lembrou que este 2023 conmemórase o ano europeo das competencias co dobre propósito de mellorar as capacidades da cidadanía e facilitar que as empresas atopen traballadoras e traballadores coa formación que precisan. A Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación está a dirixir os seus esforzos, indicou, a aproveitar a flexibilidade que brindan os últimos cambios normativos para ampliar as oportunidades de cada persoa para acreditar progresivamente as competencias necesarias e para desenvolver unha ocupación ao longo de toda a súa vida laboral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217