PONTEAREAS
O Concello de Ponteareas recibe tres distintivos SICTED de calidade turística
Museo Municipal, CITEA e punto de información turística recibiron este certificado na III Gala de Calidade Turística do Xeodestino Condado Paradanta
O Concello de Ponteareas vén de acadar para tres servizos municipais tres distintivos SICTED, un certificado promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias que premia o compromiso de institucións, entidades e empresas coa calidade. A alcaldesa, Cristina Fernández, e o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, recolleron estes distintivos dentro da III Gala de Calidade Turística do Xeodestino Condado Paradanta celebrada este luns.
Nesta nova edición da gala a rexedora subiu ao escenario para recoller o recoñecemento outorgados o Museo Municipal de Ponteareas, ao punto de información turística da vila e ao Centro de Interpretación do Río Tea, CITEA. “É un orgullo recibir estes distintivos que recoñecen o labor a prol da difusión turística, cultural e patrimonial que estamos a desenvolver dende o Goberno municipal, apostando sempre por ofrecer servizos de calidade tanto á veciñanza como ás persoas visitantes”, salientou Fernández.
A rexedora quixo gabar tamén a aposta dos establecementos e empresas de Ponteareas e do resto do territorio do Xeodestino Condado-Paradanta “pola calidade, convertendo os servizos e produtos que ofrecen nun elemento diferencial capaz de atraer turismo”. Fernández quixo facer un recoñecemento especial a Adega Rubén, a B The Travel Brand e ao Castelo do Sobroso, que na gala celebrada onte recolleron tamén os seus certificados de calidade turística.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153