Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 16 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Fegatea e concello danse a man para traer ao Porriño o mellor Teatro Amador

A administración local e a Federación Galega de Teatro Amador formalizaron o acordo para incluír cinco representacións teatrais na programación cultural municipal

O Concello do Porriño une forzas coa Federación Galega de Teatro Afeccionado para traer á vila cinco obras de compañías de teatro amador.


A presidenta da FEGATEA, Chelo Pampillón, e a vicepresidenta da federación, Ana Rodríguez, formalizaron a súa colaboración coa administración local que incluirá na programación cultural deste ano a posta en escena de cinco representacións teatrais no Centro Cultural Municipal e en centros culturais das parroquias para disfrute da veciñanza.  O concello aportará a tal fin 3.000 euros.


“A nosa proposta cultural inclúe sempre o teatro nun lugar destacado, xa que o entendemos como unha expresión cultural e artística que enriquece tanto aos que están nas butacas como aos que pisan o escenario”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “E nesta liña o teatro amador ten moito que aportar ademais de ter sempre unha gran acollida do público no Porriño. A Fegatea é un gran aliado para nós e garante de calidade “.  


A Federación Galega de Teatro Afeccionado está formada hoxe en día por 50 compañías que suman máis de 600 actores, afianzándose como axente cultural indispensable para a promoción da cultura e das artes escénicas en Galicia.  A través de actividades  como o Circuíto Galego de Teatro Amador, a Mostra Fegatea Móvete, o Festival Agustín Magán ou os festivais organizados ao abeiro da Plataforma Transfronteiriza PLATTA conseguiron congregar a máis de 8.000 espectadores ao ano. Unha cifra que da fe do seu valor como axente de desenvolvemento da cultura teatral.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.