PROVINCIA
Máis de 300 adolescentes pontevedreses convértense en activistas a través da radio
Forman parte do proxecto Activistas polo mundo que queremos que se desenvolve nos IES Montecelo e IES Luís Seoane de Pontevedra, e no IES Valadares de Vigo
Os máis trescentos mozos e mozas pontevedreses que participan este ano no proxecto de educación en valores "Activistas polo mundo queremos" gravarán dende este xoves e ata finais de mes varios programas de radio para loitar contra o machismo, os abusos ambientais ou o discurso de odio contra a migración e o colectivo LGTBIQ+.
En obradoiros anteriores aprenderon o que significa ser unha persoa activista tanto na Galiza coma noutras partes do mundo. Tamén reflexionaron sobre como as ferramentas comunicativas como a radio, pódenlles axudar no seu activismo. Agora os mozos e mozas, como se fosen auténticos xornalistas, tras investigar e facer os guións das súas reportaxes, locutarán e gravarán en “falso directo” os seus propios programas de radio de denuncia e transformación social. Comezará o estudantado do IES Montecelo este xoves e venres en Pontevedra, e a semana que ven será a quenda dos mozos e mozas do IES Luís Seoane tamén de Pontevedra, e do IES Valadares de Vigo.
En total son case 600 estudantes que dende Pontevedra, Vigo, Oleiros e Coristanco participan este ano na 10º edición de "Activistas polo mundo queremos". Un proxecto de educación para a cidadanía global que xa chegou a máis de de 4300 mozos e mozas e 240 profesores e profesoras de toda Galicia, e que é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) coa colaboración de Feitoría Verde e o financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia.
Activistas polo mundo queremos forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8