Vigo
Vigo oferta 325 prazas de campamentos para a Semana Santa
O alcalde explicou en rolda de prensa que os campamentos incluirán xogos cooperativos, deporte, obradoiros creativos, teatro infantil, interpretación medioambiental, expresión corporal, danza e baile.
O Concello oferta 325 prazas de balde para os campamentos de Semana Santa das que 25 serán prazas inclusivas. As actividades celébranse os días 3, 4, 5 e 10 de abril en horario de 7:45 a 15:15 horas, con aula matinal ata as 9:00 horas e servizo de friameira de 14:00 a 15:00 horas.
Caballero deu conta dos lugares de celebración dos campamentos: Ceip Ramón y Cajal (50 prazas), Ceip Doutor Fleming (50), Pavillón de Coia (50 prazas), Pavillón Central das Travesas (120 prazas) e Casa da Xuventude (50 prazas).
A inscrición comeza hoxe mércores 15 de marzo, ás 10 horas na web www.xuventudevigo.org e as prazas asignaranse por orde de inscrición, ata que se cubran.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58