GALICIA
A Xunta defende que Cerceda ten que seguir sendo un dos motores enerxéticos de Galicia
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou onte nunha xornada informativa, onde defendeu que o avance enerxético non pode deixar atrás ao tecido industrial
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou onte en Cerceda nunha xornada informativa sobre o Convenio de Transición Xusta de Meirama. Na súa intervención asegurou que a Xunta defende que Cerceda continúe sendo un dos motores enerxéticos de Galicia a través do binomio industria-sustentabilidade.
O director xeral explicou que a transición enerxética é necesaria pero que require dunha planificación ordenada e, sobre todo, non deixar atrás ao tecido industrial. Por iso a visión da Xunta é a dunha transición ligada á industria, vinculando os proxectos enerxéticos ás grandes iniciativas industriais. Desde este punto de vista, o Goberno galego activará axudas para proxectos singulares de descarbonización e renovación industrial, comunidades enerxéticas nos polígonos industriais, e incentivaranse proxectos de hidróxeno verde, almacenamento enerxético e compoñentes para enerxías renovables.
Fernández Vila, que incidiu no papel exemplarizante e incentivador que as administracións teñen que adoptar neste momento de transición, ratificou o compromiso da Xunta con este cambio sustentable a través de instrumentos como a Axenda Enerxética de Galicia 2030, a futura Lei do Clima de Galicia ou a Alianza Galega polo Clima.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217