Domingo, 01 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A exposición “A Casa de Galicia” na Praza Paradela ata finais de mes

A exposición titulada “A Casa de Galicia” estará ubicada na Praza Paradela ata finais deste mes de Marzo, e fai un repaso pola historia da Casa-Museo de Rosalía, que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.

 

 

No acto de presentación estiveron presentes o Presidente da Fundación Rosalía Anxo Angueira, o alcalde Paco Ferreira e membros do goberno local.

 

Na súa intervención Anxo Angueria destacou que “a exposición esté ubicada nunha praza a da Paradela, que antigamente foi un mercado e que foi recuperada para a xente cando se reformou. Angueira tamén quixo destacar  “a vinculación de Rosalía de Castro con Gondomar que se reforzou coa magnifica praza recentemente inaugurada e que leva o seu nome”.

 

Pola súa banda o alcalde, Paco Ferreira quixo agradecer “que a fundación elixira Gondomar para esta mostra e un orgullo para Gondomar” ademais o rexedor local manifesotu que “hai que poñer en valor o gran traballo que fai a Fundación e o seu presidente, xa que grazas a eles conservamos e honramos a memoria da nosa poeta máis universal” Por último Ferreira anunciou que “a colaboración entre a Fundación Rosalía seguirá sendo constante e abordaremos outros proxectos conxuntos para seguir enxalzando a figura da nosa gran poeta”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.