Domingo, 01 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar aposta pola enerxía solar

O Concello de Gondomar a través de fondos europeos instala placas fotovoltaicas na cuberta do Centro Neural, o que suporá un aforro de consumo do 90%.

 

A inversion total foi de case 50.000 euros dos que o 60% foron financiados pola administración europea e 40% por fondos propios do Concello de Gondomar.

 

A superficie xeradora de electricidade de preto de 200m2 e unha potencia de 34KWp, que poderá xerar aproximadamente 47.000Kw cada ano, o que reducirá ás emisións anuais de CO2 en 22 toneladas e  suministrará enerxía limpa e gratuíta ao propio Centro Neural, Xefatura da Policia Local, dando subministro tamén ao Complexo deportivo de As Cercas e á electrolinera situada no aparcadoiro.

 

A enerxía xerada sobrante poderá ser incorporada a rede xeral co que a amortización da inversión efectuada se producirá nun período estimado de menos de 5 anos, e o que é máis importante se reducirán dun xeito moi importante as emisións de gases de efecto invernadoiro.

 

O alcalde, Paco Ferreira destacou que “Gondomar ten unha aposta moi clara e decidida polas enerxías renovables e polo coidado do medio ambiente, e proba de elo e a recente posta en funcionamento dunha electrolinera a substitución de lámpadas convencionais por outras de tipo led que estamos a levar a cabo en todo o noso municipio, a instalación de caldeiras de biomasa, ou coma neste caso facendo que un edificio e unha instalación deportiva municipais se alimenten con enerxia limpa”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.