Galicia
Curso de recolector de recursos específicos con mergullo
Se impartirá na sede do Igafa, na Illa de Arousa |Image licensed by © Ingram Image
O prazo de matrícula está aberto ata o vindeiro 14 de abril e as accións formativas impartiranse no Instituto Galego de Formación en Acuicultura entre maio e xuño
A Consellería do Mar convocou un novo curso de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). O prazo de matrícula neste curso, que conta con 12 prazas, está aberto ata o vindeiro 14 de abril.
Esta acción formativa, que se impartirá na sede do Igafa, na Illa de Arousa, será entre o 15 de maio e o 7 de xuño en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. A finalidade desta formación é que as alumnas e alumnos matriculados poidan acreditar a súa capacidade para traballar nun plan de explotación a mergullo para extraer recursos específicos como algas, ourizos, peneiras ou longueirón, entre outros.
Antes da realización do curso as persoas matriculadas deberán facer unhas probas físicas en piscina. O listado das seleccionadas para realizar as probas físicas publicarase o 25 de abril no taboleiro de anuncios do Igafa e na web da Consellería do Mar. A data de realización das probas físicas será o 28 de abril ás 16.00 horas. Unha vez superadas estas probas deberán realizar o test de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico, que terá lugar o 12 de maio ás 16.00 horas e as persoas candidatas que non superen esta proba quedarán automaticamente excluídas.
As persoas interesadas en matricularse nos cursos poden consultar os requisitos necesarios, a documentación que teñen que presentar, os criterios de selección e o material necesario para realizar os cursos na convocatoria publicada no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Formación en Acuicultura e na web da Consellería do Mar no seguinte enlace.
Se impartirá na sede do Igafa, na Illa de Arousa |Image licensed by © Ingram ImageA Consellería do Mar convocou un novo curso de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa). O prazo de matrícula neste curso, que conta con 12 prazas, está aberto ata o vindeiro 14 de abril.
Esta acción formativa, que se impartirá na sede do Igafa, na Illa de Arousa, será entre o 15 de maio e o 7 de xuño en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. A finalidade desta formación é que as alumnas e alumnos matriculados poidan acreditar a súa capacidade para traballar nun plan de explotación a mergullo para extraer recursos específicos como algas, ourizos, peneiras ou longueirón, entre outros.
Antes da realización do curso as persoas matriculadas deberán facer unhas probas físicas en piscina. O listado das seleccionadas para realizar as probas físicas publicarase o 25 de abril no taboleiro de anuncios do Igafa e na web da Consellería do Mar. A data de realización das probas físicas será o 28 de abril ás 16.00 horas. Unha vez superadas estas probas deberán realizar o test de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico, que terá lugar o 12 de maio ás 16.00 horas e as persoas candidatas que non superen esta proba quedarán automaticamente excluídas.
As persoas interesadas en matricularse nos cursos poden consultar os requisitos necesarios, a documentación que teñen que presentar, os criterios de selección e o material necesario para realizar os cursos na convocatoria publicada no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Formación en Acuicultura e na web da Consellería do Mar no seguinte enlace.































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126