Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Tui recoñeceu ás empresas colaboradoras co emprego local

O Concello de Tui entregou unha serie de recoñecementos ás empresas e entidades colaboradoras  co emprego local en moi diversos ámbitos dende o institucional, asociativo e empresarial. Deste xeito quíxose plasmar o agradecemento do Concello de Tui con todos e todas cantos contribúen a mellorar a empregabilidade das persoas.  Foi no transcurso da xornada “Xuntos polo emprego” celebrada na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez.

 

O peche da xornada correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, e do presidente da Asociación de Empresas do Parque Empresarial de Areas, Jesús López.

 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou coma con esta xornada quérese “trasladar o noso recoñecemento e gratitude a todo o tecido asociativo ,empresarial e comercial do concello de Tui”. Engadiu que coa mesma tamén se pretende “ir saldando unha vella débeda que as veces temos os representantes públicos co noso sector privado e sentar as bases para seguir traballando neste ámbito de colaboración e entendemento que é necesario para o desenvolvemento social e económico do concello de Tui".

 

Salientaba Enrique Cabaleiro coma o traballo desenvolvido ao longo de todos estes anos “reflicte a importancia da estreita colaboración que ten que haber entre o conxunto das administracións públicas e tamén o sector privado".  Recoñecía así o rexedor o compromiso das empresas “co territorio e coas persoas”.  Deu conta tamén coma dende a administración local enténdese que as políticas de emprego son claves e fundamentais. Nese senso destacou o traballo realizado dende o Concello, co apoio económico de distintas administracións, para mellorar a empregabilidade da cidadanía. Referiuse ao papel clave do sector empresarial para poder dinamizar e crear emprego. 

 

David Regades, o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, repasou a actividade desta entidade e lembrou os seus obxectivos “impulsamos a economía e creamos emprego”. Avanzaba que co Concello de Tui están a desenvolver un Plan Estratéxico, “un plan de acción co que desenvolver modelos de éxito, no que buscamos a participación e facilitación das empresas mixtas, as empresas público-privadas”, nas que dicía temos unha ampla experiencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.