O PORRIÑO
Nova área de aparcamento para caravanas e autocaravanas
O Porriño contará cunha nova área de aparcamento para caravanas e autocaravanas, localizada no centro urbano do municipio, unha prestación que se suma ás que xa ofrece a localidade.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polo presidente da Asociación de Autocaravanas de Galicia (Aga), Manuel Fernández-Arruti, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, visitou a parcela onde se habilitará o novo aparcamento para avaliar xuntos as actuacións necesarias para a súa posta en marcha.
A nova zona de aparcamento ocupará uns 200 m2 da parcela de Leandro Diz, actualmente un estacionamento gratuíto, e estará dotada de todos os servizos necesarios.
“O turismo en autocaravana é unha alternativa consolidada ás viaxes tradicionais, caracterizada pola súa liberdade. É unha modalidade en auge coa que hai moita demanda, e por iso moitos concellos de todo o país xa ofrecen este servizo. O Porriño tamén se suma a esta iniciativa”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58