Sábado, 21 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 25 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alumnos de FP Dual de Pedra Natural comezan as prácticas

A primeira promoción do CM de Pedra Natural que se imparte no IES Ribeira do Louro na súa modalidade de FP Dual rematou xa a súa formación teórica e comeza a fase de cualificación en empresas do sector.

Esta modalidade ofértase por primeira vez en Galicia e faino no Porriño, un concello referente na industria da pedra que dá un paso adiante, da man do Cluster do Granito e a Xunta de Galicia, na cualificación deste sector.

O instituto porriñés acolleu recentemente  o acto de promoción do ciclo, no que acompañando aos alumnos e a representación do centro, estiveron o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o xefe territorial de Educación da Xunta en Vigo, César Pérez Ares, o xerente da Fundación Cluster do Granito, José Angel Lorenzo e unha nutrida representación das empresas que acollerán a formación práctica.

“A FP xera oportunidades para avanzar na especialización técnica, o que potencia o desenvolvemento das empresas e supón para vós unha oportunidade moi grande desenvolver unha carreira profesional tan pronto como acabedes a formación”, referiu o alcalde aos alumnos, “Vós sodes parte esencial dun momento moi importante para este pobo. Sodes a primeira das moitas promocións que se formarán para seguir facendo do Porriño e da súa industria da pedra un referente mundial”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.