Galicia
Manter as estradas autonómicas supón un custe de 50 M€ cada ano
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que a Xunta está destinando un investimento de 50 M€ cada ano para manter e mellorar a seguridade nas estradas, facendo da rede autonómica galega un referente en conservación viaria. Vázquez Mourelle participou nunha mesa redonda Estradas ao servizo do cidadán, retos e exixencias, que se celebra no marco da 32 Semana de la Carretera, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.
A conselleira sinalou que o Goberno galego está a traballar para eliminar todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, cun investimento de máis de 15 M€ que xa permitiu reducir en case un 60% a sinistralidade neses "puntos negros". Ademais, está a desenvolver un Plan de reforzos de firme, ao que dirixe cada ano un orzamento de preto de 20 M€.
Vázquez tamén puxo o acento no Plan de control de pontes e obras de paso co que a Xunta prevé realizar en total 1.600 inspeccións en 5 anos e que xa motivaron numerosas obras preventivas. Este control esténdese tamén aos noiros, unha liña necesaria debido ao contexto climático.
A conselleira destacou que a Xunta xestiona unha rede de 5.500 km de estradas, en cuxas marxes se construíron xa 250 km de sendas peonís e ciclistas, coa vocación de continuar facéndoo. E chamou a seguir traballando para que a estrada sexa parte da mobilidade sostible e non a súa antítese.
Por outra banda, instou ao Goberno de España a afrontar con rigor a conservación da súa rede para que as estradas volvan ser un factor de cohesión social e competitividade económica e non, precisamente, todo o contrario. Lamentou que en Galicia haxa 3 autovías estatais para conectar co resto de España e as 3 presenten problemas sen unha planificación clara de como resolvelas.
A conselleira abordou tamén os retos de futuro da xestión das estradas, que son a conservación, a sostibilidade e o aproveitamento tecnolóxico, preparando o terreo para a chegada do vehículo eléctrico, autónomo e conectado. Galicia está a impulsar unha Estratexia de dixitalización integral das estradas autonómicas, prevendo investir 14 M€ nos próximos 5 anos, e a desenvolver un "xemelgo dixital" da rede viaria, supoñendo un salto na xestión de 150 anos nalgunhas estradas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126