Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 21:57:35 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 22 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

O Gran Montecelo de Pontevedra será “hospital de referencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou onte que o Gran Montecelo de Pontevedra será “hospital de referencia” pola súa aposta por un modelo de atención “máis humano” baseado en instalacións amplas, acolledoras e preparadas para as novas tecnoloxías. Ademais, subliñou que este centro é, na actualidade, a “grande obra de edificación” que está a facer o Goberno galego, xa que está deseñado para atender as necesidades asistenciais dunha poboación de máis de 300.000 habitantes de 26 concellos nos vindeiros 50 anos.

 

Durante unha visita as habitacións e consultas tipo que terá este hospital público, Rueda lembrou que o futuro centro vai permitir aumentar as instalacións actuais. O Novo Montecelo contará con 720 camas -120 máis que o hospital actual- e que case o 60% das habitacións serán individuais. Ademais, salientou que se aumentaraá un 92% os postos de urxencia e un 49% as prazas de hospital de día; poñeranse en marcha tres novos quirófanos, haberá 53 consultas máis e crearase unha nova UCI pediátrica.

 

Ademais, o presidente resaltou que a Xunta vai investir 8,8 millóns de euros no equipamento dos novos servizos de radioterapia, medicina nuclear e hemodinámica, o que permitirá que preto de 500 pacientes que se desprazaban cada ano ata Vigo poidan tratarse en Pontevedra. “Son cifras importantes que saen do esforzo da xente que paga estas instalacións co seus impostos e fala da mellora evidente que se vai producir na atención hospitalaria”, remarcou ao tempo que considerou que o Gran Montecelo é unha “magnifica proba” de que a Xunta “se toma moi en serio” a sanidade pública.

 

Rueda tamén confirmou que se manteñen os prazos previstos de que o Gran Montecelo estea rematado en 2024 para, a continuación, comezar a poñelo en funcionamento con servizos complementarios. A este respecto, adiantou que proximamente se publicará o procedemento para o proxecto e obra da construción dun novo aparcamento, con 900 prazas de concesión, que se sumará ao aparcadoiro público actual, con 250 prazas, que seguirán a ser gratuítas e que se verá reforzado cunha área de estacionamento na zona de urxencias con espazo para 128 vehículos. Ademais, tamén avanzou que sairá a concurso a redacción do proxecto para o servizo de cafetería.

 

Mellorar as infraestruturas e tamén as condicións dos “magníficos profesionais”

Para  concluír, o mandatario galego aclarou que este compromiso do Goberno galego coa sanidade pública non só se reflicte en mellorar as infraestruturas, senón tamén en mellorar as condicións dos “magníficos profesionais” cos que se conta, en referencia as ultimas medidas dirixidas ao incremento as retribucións e compensacións salariais dos traballadores da sanidade pública; á convocatoria por concurso de méritos de 400 prazas de difícil cobertura; ou á oferta de contrato estable de tres anos a todos os residentes de familia cando rematen a especialidade.

 

O presidente tamén fixo mención á que a Xunta está a facer todo o posible dentro das súas competencias para paliar a falta de médicos que existe na actualidade e que afecta a todas as comunidades. No entanto, lembrou que as “solucións estruturais só poden vir do Ministerio de Sanidade”. Así, aínda que considerou unha “boa nova” o anuncio da futura creación da Especialidade de Urxencias, demandou “solucións globais” ante o problema común en toda España de falta de médicos, sobre todo na atención primaria, área que presenta máis problemas para cubrir as vacantes

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.