GALICIA
Impulso ao emprego con 1,5m€ máis en axudas para a contratación dunhas 500 persoas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaa convocatoria dos apoios dirixidos ás entidades locais para a realización de servizos de interese xeral e social, unha iniciativa que se suma aos programas Aprol Rural e de contratación de persoas perceptoras da Risga que se publicaron o mes pasado no DOG
A Xunta está a destinar preto de 16,2 millóns de euros para impulsar o emprego dunhas 1.600 persoas sen traballo nas entidades locais de Galicia. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica por 1,5 millóns de euros o programa para apoiar aos concellos na contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, unha iniciativa que se suma a outras dúas, tamén de impulso ao emprego local, que se publicaron no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 1 de febreiro: os apoios para a contratación de persoas perceptoras da Risga (7,7 millóns) e Aprol Rural (7 millóns).
As axudas que se autorizan hoxe permitirán dar emprego nuns 180 concellos a 500 persoas sen emprego, que na práctica desenvolven durante a campaña de verán labores de vixilancia e seguridade en praias e outros espazos naturais ou en instalacións acuáticas. O obxectivo da actuación é proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción no mercado de traballo. Os apoios poden solicitarse ata o próximo 21 de abril.
Poderán ser beneficiarios deste programa, os concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos. A contía que percibirán as entidades beneficiarias irá destinada a sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, cos importes máximos recollidos na convocatoria de axudas.
O Goberno galego con estas tres actuacións está a destinar preto de 16,2 millóns para a contratación dunhas 1.600 persoas sen emprego nos concellos galegos
Os traballadores e traballadoras a contratar deberán ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Para o Goberno galego é clave o impulso do emprego nas entidades locais e, por iso, cada ano convoca diversas actuacións con este fin. Neste senso, o pasado 1 de febreiro publicou, cun orzamento de sete millóns de euros, o programa Aprol Rural para a contratación de 500 persoas sen emprego en concellos do rural galego para a realización, entre outros, de tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais como son a limpeza de montes, a silvicultura ou a xestión da biomasa.
As axudas para a contratación de persoas en risco de exclusión social perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), tamén dirixidas ás entidades locais galegas e publicadas no DOG o 1 de febreiro, inclúen un orzamento de preto de 7,7 millóns de euros para a contratación de 600 persoas.
As tres actuacións enmárcanse no exercicio das competencias da Xunta de Galicia en materia de formación para o emprego, políticas activas de emprego e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral e forma parte da prioridade do Goberno galego de incrementar as oportunidades laborais das galegas e galegos, sobre todo, daqueles que teñen máis dificultades para acceder ao mercado laboral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126