LIBROS
De volta a casa
Noiteboa de 1959, Altos de Adelaida, Australia. Ao final dun día caloroso, xunto a un arroio nos terreos da mansión da familia Turner, un repartidor realiza un descubrimento horrible. Comeza unha investigación policial e o pequeno pobo de Tambilla vese inmerso nun dos casos de asasinato máis desconcertantes e dolorosos da historia de Australia do Sur.
Sesenta anos máis tarde Jess perdeu o seu emprego no xornal e ten dificultades para chegar a fin de mes. Inmersa en atopar unha boa historia que cambie a súa sorte, recibe unha chamada inesperada pola que decide abandonar Londres e regresar a Sídney. A súa avoa Nora, con quen se crío, sufriu unacaída e está ingresada. O recordo da súa querida avoa contrasta coa realidade ao atopar a unha muller fráxil e desconcertada.
Sen nada que facer en casa de Nora, Jess dedícase a esculcar e no dormitorio da anciá descobre un libro que detalla a investigación policial dunha traxedia xa esquecida: a da familia Turner na Noiteboa de 1959. Mentres hojea o libro, Jess descobre unha asombrosa conexión entre a súa familia e aquel suceso. Desde entón a procura da verdade será o único camiño posible.
De volta a casa é o regreso dunha das grandes voces da narrativa actual. Kate Morton constrúe unha novela épica, de personaxes memorables, que explora o poder da maternidade, a erosión que provocan os recordos gardados durante xeracións e o poder curativo da verdade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149