Viernes, 20 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 23 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Centos de escolares da Louriña celebran o Día Mundial da Auga

O Consorcio de Augas do Louro organiza xogos lúdicos nos concellos de Mos, O Porriño e Salceda relacionados co tratamento da auga, a súa potabilización e depuración

Co obxectivo de xerar conciencia sobre a importancia de coidar os recursos da auga no planeta, un elemento vital para a vida de todas as especies da Terra, celébrase cada 22 de marzo o Día Mundial da Auga. Con tal motivo, o Consorcio de Augas do Louro organiza unha serie de actividades para a poboación dos catro concellos que integra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui.


Pensando nos máis pequenos da casa celebráronse, esta semana, unhas xornadas de xogos lúdicos co alumnado de Educación Primaria de diversos centros escolares. O luns foi en Mos, no colexio Mestre Martínez Alonso; o martes no CEIP Altamira de Salceda de Caselas e o propio mércores 22 no pavillón municipal do Porriño. Os estudantes participaron dunha serie de actividades relacionadas co tratamento da auga, a súa potabilización e o proceso de depuración na EDAR. Souberon por que e para que é importante a auga, o compromiso que hai que ter con este recurso e fixeron a proba do cloro.


Acompañados da “cuadrilla sostible” e baixo lema “Unha extraordinaria viaxe para coidar da auga e do planeta”, nestes encontros aproveitouse para presentar o concurso de debuxo infantil, que este ano chega xa á súa sexta edición coa misión encomendada aos escolares de 3º e 4º de Primaria de apuntarse “á nova aquaventura de Aqual e ODS6 para coidar da auga e protexer o medio”. Precisamente, o prazo para a presentación de traballos abriuse o Día Mundial da Auga, prolongándose ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.


Por outra banda, nas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, en Tui, celebrarase o vindeiro sábado, día 25 de marzo, unhas xornadas de portas abertas con visitas guiadas. “Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medio ambiente”, explica o presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo.


Están programadas tres visitas, unha ás 10.00 e outra ás 16.00 horas ao laboratorio e proceso de depuración, para maiores de 12 anos, e outra ao mediodía para menores de 12 anos, acompañados, con visita tamén ao laboratorio e proxección dun vídeo no que se amosa o proceso de depuración. As persoas interesadas en participar poden enviar a súa solicitude indicando nome, DNI, concello de residencia, idade e hora de visita  preferente ao enderezo de correo contactoconsorcio@fcc.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.