Jueves, 09 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 26 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

A senda fluvial do Río Louro alcanzará os 5 quilómetros de lonxitude coa 3ª fase

Actualmente atópase en execución, desde decembro do ano pasado, a 2ª fase; cun ámbito de actuación de 1 quilómetro e que se prevé estea rematada no prazo dun mes

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou esta semana de que, “co futuro proxecto da Fase III do sendeiro do Río Louro, este acadará a lonxitude total de 5 quilómetros, ao longo do que familias mosenses e visitantes foráneos poderán continuar a gozar dun dos nosos principais recursos naturais e recreativos de lecer ao aire libre”. A rexedora local mosense explicou que actualmente o paseo ten un longo total de 3 quilómetros, que se están a ampliar en 1.000 metros máis coa execución da Segunda Fase, que comezou a finais do ano pasado e rematará nun mes aproximadamente, e que abarca dende o Camiño da Noveleda ao Camiño do Lagoal.


O goberno de Arévalo acometera xa unha fase previa a esta, de 1.130 metros de lonxitude, dende A Pesqueira ao Camiño da Noveleda.


A Terceira Fase, que completará o sendeiro convertíndoo nun paseo de 5 quilómetros de lonxitude, abarcará 850 metros dende o Camiño da Gata ao Camiño das Lagoas.


Fase II
A Segunda Fase que se atopa en execución, e comezou a finais do pasado 2022, vai desde o Camiño de Lagoal na parroquia de Louredo, ao Camiño da Noveleda, na parroquia de Mos. Estará rematada no prazo aproximado dun mes e ten como obxectivos ampliar e mellora da ruta fluvial do río Louro, con criterios ambientais e de accesibilidade, valorizando o patrimonio natural e cultural da zona para o goce de veciños/as e visitantes.


En concreto, e dentro das actuacións, inclúense dous novos tramos de senda, os cales estarán conectados entre si por itinerarios naturais. O primeiro tramo, de 622 m de lonxitude, parte do Camiño de Lagoal e finaliza onde discorre un sendeiro existente. Este primeiro tramo sitúase fóra do DPH e mellora o acceso ao Muíño Novo e ao Muiño do Lagoal. A uns 150 m deste primeiro tramo, debido á gran pendente do terreo, deseñouse unha adecuación ambiental do carreiro existente, mediante a execución de banzos con materiais naturais, como rollizos de madeira e xabre estabilizado, así como elementos de apoio consistentes en postes de madeira e cordas de agarre. Como alternativa a este tramo máis difícil, proxectouse un ramal de unión cun camiño existente, máis afastado do río, que é máis accesible para as persoas de mobilidade reducida. O segundo tramo, de 150 m, parte do sendeiro existente e permitirá pasear preto do río e chegar á contorna do Muíño Branco, onde a servidume próxima ao río permite o tránsito ao Camiño de Noveleda. O proxecto prevé, ademais, a execución de plantacións de especies vexetais compatibles cos valores naturais da contorna. Os traballos tamén inclúen o desbroce e limpeza do só do entorno respectando o bosque de ribera e especies locais e eliminando especies invasoras, mellorando o contorno. Acométense así mesmo solucións de drenaxe para resolver a saída das augas e mellora da sinalización e posta en valor dos elementos patrimoniais abandoados.


Os obxectivos da actuación son dar continuidade á senda fluvial actual de 3 km, entre o Camiño da Gata e o Camiño de Noveleda. O novo tramo de senda fluvial facilita a accesibilidade peonil dende o Camiño de Noveleda ata o Camiño Lagoal nunha lonxitude dun 1 km. Para elo o Concello de Mos fai un investimento de fondos propios municipais de preto de 200.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.