Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 11:04:09 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 27 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

SmartPeme oferta cinco novas accións formativas para esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas SmartPeme, oferta cinco novas accións formativas para esta semana, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións centraranse en ciberseguridade, mulleres emprendedoras, SEO para e-commerce, emisión de eventos en liña e como elaborar un plan de márketing dixital.

 

Os obradoiros comezarán este luns, 27 de marzo, ás 10 da mañá. Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, será o encargado de impartir “Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro”, no que se explicará a importancia de ter un contrasinal ben definido e distinto para cada servizo. Freire, tamén conducirá a acción do xoves 30 de marzo, ás 11 da mañá, “Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional IV – OBS I”, na que se presentarán ferramentas como Screendragons ou OBD Studio.

 

O martes 28 terá lugar o “Encontro de mulleres emprendedoras” no que intervirán mulleres asesoradas polas oficinas de SmartPeme como Luz Prado, fundadora de “Luz Prado, Escuela de Diseño y Moda”; Salomé Fernández, creadora de “Cucapuntoes”; Pilar Alonso, creadora de “Xacobleas”; Cruz Martinez, fundadora de “Planeta Tres Zetas”; e Susana Abal, directora de “Desde 0 Home Staging”. O obxectivo desta iniciativa é poñer en común varios puntos de vista sobre o emprendemento sendo muller e os pros e contras de levar a cabo un proxecto propio.

 

O mércores 29 de marzo terá lugar a acción “SEO para e-commerce: Posiciona a túa tenda en liña en Google”  ás 12 de mañá. Será impartida por Esther Garcinuño, diplomada en ciencias Empresariais, que dará a coñecer cuestións para optimizar webs de venda en liña e mellorar o seu posicionamento nos motores de procura cun enfoque práctico.

 

O xoves 30 ás 18:00 horas o licenciado en Comunicación Audiovisual, Adrián Fernández,  impartirá “O teu plan de Márketing Dixital paso a paso”. Nesta acción formativa, coa que a Deputación pecha a semana formativa de SmartPeme, abordarase a importancia do plan de márketing dixital para que unha empresa teña éxito na contorna online

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.