Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 29 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Lara Meneses comprométese a realizar un polígono empresarial na localidade

O PP de Tomiño comprométese a realizar un estudo de viabilidade para a creación do mesmo, dando unha alta prioridade a promoción do emprego e a riqueza no municipio.

Os populares de Tomiño manifestan que “desde que goberna o BNG non houbo ningún intento de retomar o proxecto de polígono industrial exposto en Tomiño fai xa case dúas décadas”. Lara Meneses explica que “dende o PP de Tomiño sostemos que é unha prioridade facer que Tomiño creza”, e dese xeito, “crear oportunidades para todos, especialmente para a xuventude”.

A candidata popular propón comezar por “estudar o lugar idóneo para a súa localización e ver a posibilidade da conexión coa vía de alta capacidade”, asegurándose sempre de “crear o menor prexuízo para a saúde e o medioambiente”.

 

O PP tomiñés comprométese a promover unha primeira fase de 10 a 15 hectáreas nun lugar susceptible de ampliación de cara a unha maior demanda de chan industrial no futuro.

 

En “dar prioridade ás empresas locais neste novo espazo industrial, ás empresas do sector hortofrutícola e vitivinícola”, dando asi impulso a estes dous sectores claves para Tomiño é ao que se compromete Meneses para os próximos comicios municipais, que ademais asegura que “se o PP goberna nas próximas eleccións o proxecto levarase a cabo con total inminencia, entre os anos 23 e 27”.

 

Aproveitamento das relacións interfronterizas

 

O PP vai mais alá e aspira a aproveitar a proximidade coa fronteira con Portugal e “deixar de ver escapar as oportunidades como vén facendo ata o de agora co goberno do BNG, que deixou abandonado nun caixón toda posibilidade de xerar emprego no noso concello” en palabras da propia candidata á Alcaldía de Tomiño.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.