Domingo, 26 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 26 de Abril de 2026 a las 09:03:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 28 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
TUI

Nena Daconte e Rafa Sánchez nas festas de SanTelmo

Nena Daconte e Rafa Sánchez abrirán musicalmente as festas de San Telmo o próximo sábado, 8 de abril, ás 22 h no Espazo Feiral na rúa Mártires de Sobredo.  Estes dous destacados artistas do panorama nacional presentarán un espectáculo musical no primeiro día dos festexos patronais de Tui. A entrada será gratuíta.

 

O público asistente gozará dun evento de gran calidade artística no que se fusionarán os grandes éxitos de ambos artistas.

 

Tras máis de tres décadas formando parte de La Unión Rafa Sánchez no seu directo ofrecerá grandes temas da banda coma ‘Lobo hombre en París’ ou ‘Maracaibo’ xunto aos novos temas que ten composto como ‘Vístete princesa’.

 

Un imprescindible no concerto será ‘Tenía tanto que darte’ de Nena Daconte xunto a outros temas da súa carreira coma ‘El Aleph’ e os temas do seu novo disco 'Casi Perfecto' como ‘Despiértame, Madrid’ e ‘Detrás de cada luz’ que presenta esta primavera.

 

O público poderá gozar do directo destes dous grandes artistas no que vai ser o primeiro gran evento musical das festas de San Telmo 2023.

 

En breve darase a coñecer o cartel completo de concertos que se poderán gozar durante os festexos patronais de Tui, declarados de interese turístico galego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.