O PORRIÑO
A Xunta completa a rehabilitación integral do Instituto Pino Manso
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado polo alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou o centro para comprobar o resultado desta actuación, que eleva a 2,6 M€ o investimento realizado polo Goberno galego nos sete centros educativos do Porriño
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e os equipos directivos dos centros educativos do municipio, visitou nesta semana o IES Pino Manso para comprobar o resultado das obras de rehabilitación integral nas que o seu departamento investiu preto de 1,2M€. “Unha actuación enmarcada no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a renovar as instalacións dos centros educativos para adaptalas ás novas necesidades do século XXI en termos como a amplitude, a flexibilidade dos espazos ou a eficiencia enerxética, entre outros”, explicou o conselleiro. O plan conta cun orzamento de 191M€ ata o 2024.
“Esta obra supón, ademais, elevar a 2,6M€ o investimento realizado polo Goberno galego nos sete centros educativos cos que conta este concello”, destacou o conselleiro. Así mesmo lembrou que neste municipio, no IES Ribeira do Louro, se imparte este ano por primeira vez o único ciclo en Galicia de grao medio en Pedra Natural, na modalidade Dual, ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería e o Cluster do Granito.
Pola súa parte, o alcalde, Alejandro Lorenzo, agradeceu á Xunta de Galicia “a colaboración que mostra co noso Concello e a súa disposición a traballar da man, que se traduce en melloras para os nosos centros como esta que hoxe inauguramos ou o ansiado comedor do CEIP Xosé Fernández López que abrirá as súas portas o vindeiro curso, entre outras”. O rexedor apuntou que “unha educación de calidade é un dos pilares básicos sobre os que se constrúe o desenvolvemento dun pobo a todos os niveis, e por iso seguiremos traballando para os nosos nenos e mozos poidan formarse nas mellores condicións. Queda por facer, e o faremos”.
Renovación da envolvente
“No caso deste centro de Porriño, actuouse principalmente para mellorar o confort da comunidade educativa”, sinalou o conselleirio. Neste sentido, mudáronse todas as cubertas, incluíndo tamén os canlóns e baixantes, e aplicouse un sistema de illamento térmico exterior ás fachadas. Tamén se cambiou toda a carpintería exterior por unha nova con rotura de ponte térmica e vidros dobres e renováronse as persianas e as súas caixas, colocando unhas novas de aluminio con illamento térmico de poliuretano.
A rehabilitación integral do centro incluíu tamén traballos para mellorar a súa accesibilidade coa execución de tres ramplas para a eliminación de barreiras arquitectónicas e tamén cambios na distribución da planta semisoto, entre outras actuacións. Como actuación complementaria, estase instalando un ascensor no instituto

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58