Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 20:03:27 horas

Xornal21.es
Jueves, 30 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación doa especies vexetais de Areeiro para enriquecer os xardíns público

Os concellos e colectivos interesados poden efectuar xa as súas peticións e elixir entre máis de 90 especies. O prazo abre hoxe, 28 de marzo, e permanecerá aberto ata o final de 2023

A Deputación de Pontevedra doará especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para que concellos, centros educativos, entidades, institucións e particulares poidan enriquecer a súa diversidade botánica e o patrimonio vexetal dos seus parques e xardíns, cos seus consecuentes beneficios para a cidadanía e o medio, e preservar os valores ambientais, amais de reforzar o carácter educativo e turístico dos espazos verdes da provincia. O prazo para solicitalas está aberto, e este ano os concellos e colectivos interesados poden elixir entre as máis de 90 especies ofertadas ata o final de 2023.

 

As plantas que poden ser solicitadas son excedentes que se cultivan no viveiro da Estación Fitopatolóxica, cuxo obxectivo é propagar especies vexetais, tanto ornamentais como forestais e froiteiras, para levar a cabo diferentes estudos de cultivos, patóxenos ou pragas, así como conservar a diversidade vexetal da provincia. Este ano poden solicitarse 94 especies e cultivares, entre as que se atopan acivros, feixoas, piñeiros, magnolios, noceiras, hortensias, roseiras, salgueiros, bidueiros, gardenias ou cipreses, ademais de diferentes especies de camelias, entre outras.

 

As entidades, concellos, centros educativos, institucións ou asociacións con xardíns abertos ao público que estean interesadas nalgunha destas especies poden solicitar ata 35 exemplares diferentes. Poderán facelo ata finais de 2023 de maneira telemática a través da sede electrónica da Deputación, se ben as persoas físicas poderán optar tamén por facelo de forma presencial. A doazón está condicionada á presentación dunha memoria xustificativa que debe incluír un esbozo (plano sinxelo) do lugar no que se localizará cada un dos exemplares, unha descrición do lugar escollido e fotografías da zona ou zonas onde se plantarán, para que a Estación Fitopatolóxica poida determinar se as especies solicitadas son adecuadas para a zona de cultivo. No caso de que considere que non, poderá suxerir á entidade interesada outras máis adecuadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.