Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 31 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
Nigrán

Alumnado do Humberto Juanes e o de intercambio repoboan o monte

A Brigada Forestal Municipal e dous axentes forestais tutorizaron a plantación de 100 carballos inoculados con boletus no perímetro de seguridade do parque de Camos e en Monte Castelo

O Concello de Nigrán colaborou un ano máis na programación sociocultural  entre alumnado do CEIP Humberto Juanes e o de intercambio de Saint John’s (Manchester) ofrecendo unha actividade de repoboación no futuro parque forestal de Camos e no monte comunal de Parada. A xornada matinal, previa ao regreso pola tarde das 80 crianzas inglesas ao seu país,  foi tutorizada pola Brigada Forestal Municipal e os axentes forestais da zona. Divididos en dous grupos de 5º e 6º de Primaria, os benxamíns plantaron 50 carballos na franxa de seguridade do parque Os Matos-Río Táboas (zona próxima á vivendas onde previamente se eliminaron todas as especies invasoras) e os maiores outros 50 no Monte Castelo. Todos estes exemplares foron previamente inoculados nas raíces con boletus co obxectivo de que medren este tipo de cogomelos. A actividade, que incluíu unha placa conmemorativa coa frase de Castelao ‘Vale máis  unha terra con árbores nos montes que un estado con ouro nos bancos’, puxo fin a unha semana de intercambio chea de actividades.

 

Historia do Intercambio

O CEIP Plurilingüe Humberto Juanes leva 17 anos levando a cabo un intercambio lingüístico-cultural con Manchester, en concreto co barrio de Chorlton. O intercambio comezou sendo ‘só’ un contacto epistolar entre o alumnado de 5º e 6º, e nunca se imaxinou que se puidesen coñecer persoalmente. Ata que, vendo que a iniciativa gustaba moitísimo ao alumnado e incidía estreitamente na súa motivación por aprender a lingua inglesa, o centro tomou a decisión de embarcarse nunha viaxe (xa sen volta atrás) para coñecer a eses compañeiros e compañeiras. Hoxe en día, este intercambio está xa instaurado no  día a día do centro, e supón un selo de identidade.

 

O contacto co colexio Saint John’s comeza en 5º, facendo intercambio de cartas de presentación, postais de Nadal, video conferencias, e-mails, etc… Normalmente, antes de Semana Santa o alumnado inglés viaxa a Nigrán para coñecer aos seus amigos e amigas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.