Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Marzo de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos epicentro internacional do CrossTraining na Semana Santa

Daniel Benavides e Nidia Arévalo presentaron hoxe a I Edición de Molis Legend, que se celebra no Campo de Fútbol de Santiaguiño en Guizán

Esta mañá presentouse no Campo de Fútbol de Santiaguiño en Guizán a I Edición Molis Legend, competición internacional de CrossTraining, organizada polo ximnasio mosense Molis Box e que conta coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia e do Concello de Mos, entre outros patrocinadores.

 

Á presentación asistiron Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Daniel Benavides, Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do Ximnasio Molis Box e organizador do evento, José Areal, concelleiro de Deportes e Julia Loureiro, concelleira da parroquia de Guizán.

 

A competición celebrarase os días 8 e 9 de abril (despois dos festivos de Semana Santa). O venres 7 farase a entrega dos packs de benvida. Levarase a cabo no Campo de Fútbol de Santiaguiño onde haberá amplo aparcamento. Trátase dun entorno natural ao paso do Camiño de Santiago. Contarase con zona habilitada para stands comerciais, bar, zona de comidas.

 

A afluencia prevista para este evento é de sobre 1.000 persoas, contando atletas, xuíces, equipo de Molis Legend, e público; o que beneficiará á hostalería local.

 

Participarán 280 atletas, que xa están confirmados, e virán chegados de toda España e Portugal. Contarase coa participación de atletas top mundial, como: Sara Alicia, David Mata, Valentina Rangel, entre outros.

 

O evento repartirase en 6 probas de 7 categorías diferentes, tanto individual como parellas mixtas.

 

O nome da competición fai referencia a Mos, xa que Terra de Molis no século XII facía referencia á zona, e a rosa do logo é a que se atopa nos escudo e bandeira do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.