Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 02 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta destina preto de 750.000 euros á restauración das Gándaras de Budiño

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitouesta semana este espazo protexido, incluído na Rede Natura

A Xunta de Galicia destina preto de 750.000 euros de Fondos Next Generation á restauración e conservación das Gándaras de Budiño, un ecosistema, incluído na Rede Natura 2000, que conta con elementos únicos nos contextos galego e ibérico e que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considera estratéxica.

 

Segundo explicou a conselleira, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou esta semana a este espazo protexido, na que estivo acompañada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, este proxecto, cuxo prazo de execución é de 8 meses, ten como obxectivo facer posible a “coexistencia” entre a preservación desta Zona de Especial Conservación (ZEC), o seu desfrute público e as necesidades das zonas industriais e comerciais limítrofes.

 

Nesa liña, esta iniciativa permitirá mellorar un ecosistema de zonas húmidas de alto valor ambiental que facilite a conservación e protección da emis orbicularis -unha especie de tartaruga en perigo de extinción- e das aves migratorias e estacionarias que utilizan este hábitat.

 

Para acadar ese obxectivo nesta zona húmida levaranse a cabo diversas actuacións como a limpeza, roza de vexetación e eliminación de plantas exóticas invasoras; a supresión de restos antrópicos, e o dragado para aumentar o calado das lagoas e favorecer a permanencia de auga nas mesmas en períodos de seca.

 

A maiores, tamén se crearán novos observatorios de aves, se reparará o xa existente da Charca de Orbenlle e se construirán novas pantallas de ocultación dos visitantes que queiran observar as especies animais.

 

A conselleira salientou que con esta actuación o Goberno galego mellora un ecosistema de especial valor ambiental, protexe fauna en perigo, implementa máis e mellores recursos para as aves e incentiva o uso público respectuoso. Deste xeito, poñemos en valor un espazo natural que se vai converter no “gran ecosistema do Porriño e dos seus arredores”, concluíu Ángeles Vázquez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.