GALICIA
A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde celebra o seu primeiro pleno
Enagás comprométese a realizar investimentos na Comunidade e realizar o hidroduto entre Guitiriz e Zamora |Image licensed by © Ingram Image
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta semana nesta reunión na que se constituíron comités executivos que se encargarán de avanzar nos distintos retos: proxectos e infraestruturas, formación e innovación, normativa ou capacidades industriais
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou no primeiro pleno da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde no que se puxo en valor o Pacto pola Enerxía con Enagás, que posibilitará cumprir cun dos principais obxectivos fixados pola Alianza: o desenvolvemento do corredor atlántico do hidróxeno. Grazas a este acordo, Enagás comprométese a realizar investimentos na Comunidade e realizar o hidroduto entre Guitiriz e Zamora, facilitando a conexión coa Meseta.
No pleno avaliouse a incorporación de novos integrantes á Alianza, como é o caso de Ence, que se sumou recentemente, permitindo contar xa con 10 empresas tractoras, 10 clústeres e asociacións empresariais -que representan a máis de 700 compañías-, as tres universades galegas, así como axentes e administracións públicas.
Ante a amplitude de integrantes e, coa previsión de seguir incorporando máis -como o caso de Enagás-, a Alianza acordou aprobar un modelo de cogobernanza no que se inclúen varios comités executivos que se encargarán de traballar e avanzar nos seus diferentes obxectivos e retos en eidos como os dos proxectos e infraestruturas, a formación e a innovación, a normativa ou as capacidades industriais.
A secretaria xeral destacou que esta estratexia de colaboración público-privada ten como finalidade facer de Galicia unha rexión de referencia internacional no desenvolvemento da cadea de valor do hidróxeno renovable.
Enagás comprométese a realizar investimentos na Comunidade e realizar o hidroduto entre Guitiriz e Zamora |Image licensed by © Ingram ImageA secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou no primeiro pleno da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde no que se puxo en valor o Pacto pola Enerxía con Enagás, que posibilitará cumprir cun dos principais obxectivos fixados pola Alianza: o desenvolvemento do corredor atlántico do hidróxeno. Grazas a este acordo, Enagás comprométese a realizar investimentos na Comunidade e realizar o hidroduto entre Guitiriz e Zamora, facilitando a conexión coa Meseta.
No pleno avaliouse a incorporación de novos integrantes á Alianza, como é o caso de Ence, que se sumou recentemente, permitindo contar xa con 10 empresas tractoras, 10 clústeres e asociacións empresariais -que representan a máis de 700 compañías-, as tres universades galegas, así como axentes e administracións públicas.
Ante a amplitude de integrantes e, coa previsión de seguir incorporando máis -como o caso de Enagás-, a Alianza acordou aprobar un modelo de cogobernanza no que se inclúen varios comités executivos que se encargarán de traballar e avanzar nos seus diferentes obxectivos e retos en eidos como os dos proxectos e infraestruturas, a formación e a innovación, a normativa ou as capacidades industriais.
A secretaria xeral destacou que esta estratexia de colaboración público-privada ten como finalidade facer de Galicia unha rexión de referencia internacional no desenvolvemento da cadea de valor do hidróxeno renovable.






























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111