VIGO
Rueda salienta que o compromiso da Xunta coa mobilidade na fachada marítima de Vigo
O presidente do Goberno galego asistiu á inauguración da senda peonil e ciclista na área portuaria do Berbés
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salienta que o compromiso do Goberno galego coa mobilidade na fachada marítima de Vigo é un compromiso coa súa integración na cidade. Asegurouno na inauguración da senda peonil e ciclista na área portuaria do Berbés, un treito rehabilitado grazas ao convenio asinado entre a Autoridade Portuaria de Vigo e a Xunta de Galicia.
O acordo, cun investimento de 3,5 millóns de euros por parte do Goberno galego, permitiu avanzar na total humanización do litoral vigués nun percorrido de máis de 7 quilómetros co obxectivo de reconciliar a cidade coa súa costa. “Non se entendería a historia de Vigo sen a do seu porto, polo que era necesario integralo na cidade”, indicou o presidente da Xunta.
A primeira das actuacións que se levaron a cabo a raíz do convenio permitiu crear unha senda peonil e ciclista no treito que va de Berbés a Portocultura. Tal e como estaba previsto para atender unha débeda histórica coa cidadanía, hoxe inaugurouse o paseo nun treito simbólico e estreitamente vencellado á historia de Vigo e do seu porto.
Conta cunha lonxitude de 560 metros e unha superficie para uso peonil e ciclista de 1.900 metros cadrados, aos que se suman 250 metros cadrados máis de superficie axardinada. A actuación complétase coa plantación de árbores, a colocación de bancos e a habilitación de prazas para aparcar as bicicletas.
Nas vindeiras semanas van comezar as obras da segunda actuación recollida no convenio, a humanización no treito que vai de Beiramar a Bouzas, un percorrido de 1,6 quilómetros no que se ampliarán as beirarrúas para permitir o tránsito peonil e ciclista e que se vai dotar de mobiliario, iluminación e zonas verdes.
Investimentos na cidade
O compromiso con Vigo queda acreditado non só nas actuacións desenvolvidas na fachada portuaria, senón tamén no esforzo inversor que o Goberno galego mantén con Vigo, especialmente na posta en marcha de actuacións de relevo como a Cidade da Xustiza, o polígono de Navia, a estación de autobuses ou o albergue de peregrinos.
O Executivo autonómico seguirá na mesma liña con proxectos xa avanzados como o novo IES de Navia, a humanización da PO-323 en Teis, os investimentos no Casco Vello, o centro de saúde Olimpia Valencia ou o desenvolvemento do campus na ETEA.
Alfonso Rueda subliñou que se Vigo crece “crece toda Galicia”, de aí a necesidade de que todas as Administracións “rememos a unha” en beneficio da cidade e do seu porto. “É un dos nosos motores, polo que hai que abrir Vigo ao resto de Galicia por terra, mar e aire”, dixo o presidente da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11