Domingo, 12 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 02 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
“O Son do Regueiro” comezará a funcionar o día 10 de abril

ASODIFISI inaugura o seu Centro de Día en Torroso

Jaime Sío Carrera foi o encargado de descubrir a placaJaime Sío Carrera foi o encargado de descubrir a placa

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañou á veciñanza da parroquia nun momento histórico para a mesma

[Img #81232]

 

Onte celebrouse  a inauguración do Centro de Día de  Torroso “O Son do Regueiro”, que contou coa asistencia do Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, membros do GDR, o Presidente da Comunidade Montes Torroso e de ASODIFISI, Camilo Grandal, demais membros da Comunidade de Montes de Torroso, membros Asodifisi (que xestionarán o Centro), entre eles a súa última presidenta, Asunción Carrera Monroy, membros da Corporación Municipal, a deputada autonómica, Feli Rodríguez Carrera, Jaime Sío Carrera, maior da parroquia de Torroso que se encargou de descubrir a placa conmemorativa, traballadores/as do centro e veciñanza. O acto foi conducido polo presentador Alejandro Pérez.

 

[Img #81228]

 

O novo Centro de Día dinámico de Torroso está habilitado para dar servizo a 40 usuarios. Conta cunha superficie construida de 434 M2 máis 300 M2 de zona axardinada.

 

[Img #81229]

 

As dotacións das que consta a instalación son: comedor, sala polivalente, sala de actividades, sala de rehabilitación, sala de curas e enfermería, despacho de administración, vestiarios, 2 baños, cociña, terrazas e zona axardinada.

 

[Img #81230]

 

A inversión total realizada no Centro de Día, xestionado pola Comunidade de Montes de Torroso e Asodifisi (Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos) ascende a 1.218.020,32€.  A subvención aportada pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia é de 513.174,05€, a Comunidade de Montes de Torroso financiou 504.846,27€ e a axuda que aporta AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) é de 200.000,00€.

 

[Img #81231]

 

O logotipo do Centro de Día dinámico “O Son do Regueiro” foi deseñado polo Obradoiro Municipal de Emprego. En concreto os/as alumnos/as traballadores/as da Especialidade de Marketing Dixital, elaboraron 3 propostas de logo a través dos 112 debuxos dos nenos de 5º e 6º de Primaria dos 5 colexios públicos de Mos. A Comunidade de Montes elixiu a proposta definitiva e que é hoxe, e será en diante, a imaxe do centro.

 

[Img #81233]

 

[Img #81234]

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.