Jueves, 01 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
BAIONA

Baiona inaugura a reforma do parque infantil os Tendais

As obras, que inauguraron esta semana o alcalde, Carlos Gómez, e o deputado de Cooperación, Santos Héctor, permitiron renovar os xogos e o pavimento do espazo, amais de mellorar a súa accesibilidade

O Concello de Baiona vén de acometer a reforma integral do céntrico Parque Infantil Os Tendais coa substitución dos xogos existentes, a renovación do pavimento de caucho e a mellora da accesibilidade deste espazo ao abeiro do Plan Concellos da Deputación. O deputado de Cooperación, Santos Héctor Rodríguez, e o alcalde Carlos Gómez inauguraronesta semana os traballos realizados na área infantil, que contaron cunha achega provincial de ao redor de 50.000 euros, e que permitiron, como subliñaron, modernizar e adecuar esta contorna ás necesidades de seguridade para as crianzas.

 

O deputado Santos Héctor remarcou a importancia da actuación realizada, que dá resposta á demanda da veciñanza. “Supón un antes e un despois para as crianzas da contorna –destacou o deputado-, pero tamén para as de todo o concello cunha magnífica obra”. Destacou que a reforma supón a renovación completa do parque, “que certamente tiña un chan e uns elementos deteriorados e que necesitaba un cambio”. “Temos que felicitar ao alcalde e ao Goberno local por esta actuación –apuntou-, coa que agora as nenas e os nenos poden xogar e pasar momentos de ocio nunha zona máis divertida e, o máis importante, máis segura para elas e eles”.

 

Pola súa banda, o alcalde Carlos Gómez, lembrou que as obras acometidas solucionan as “grandes necesidades” do parque, “polo que espero que nenos, nenas, pais e nais poidan agora desfrutar deste espazo no centro da vila”. Agradeceu o apoio da Deputación para abordar esta e outras actuacións, tanto a través do Plan Concellos como do ReacPon que, segundo explicou, teñen suposto nos últimos catro anos un investimento de tres millóns en Baiona. “Ogallá máis administracións –afirmou- colleran o seu exemplo para investir en Baiona, o cal axuda a transformar e mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas. Espero que sigamos traballando desa mesma maneira, porque é así como poderemos acadar todos os nosos obxectivos”.  

 

Amais da renovación dos xogos e a substitución do pavimento de caucho continuo existente, que se atopaba en mal estado, por outro, a reforma acometida tamén inclúe o movemento do valado da entrada para mellorar a accesibilidade ao espazo, o pintado do peche perimetral do parque en diferentes cores e a súa protección insecticida e funxicida. No que atinxe aos xogos, no recinto instalouse unha estrutura en forma de castelo dotada de tobogáns, tubos e unha parede de escalada con cordas, amais de bambáns.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.