Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 04 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Rematadas as obras nos Camiños do Monte en Torroso e do Cocho en Tameiga

O Concello financiou con fondos propios estas obras cun orzamento de preto de 34.000 euros

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron  de que o Concello de Mos xa finalizou a acometida das obras de “Mellora da seguridade vial no Camiño do Cocho-parroquia de Tameiga e Camiño do Monte-parroquia de Torroso”.

 

Trátase dunha mellora íntegramente financiada con fondos propios municipais cuxo orzamento ascende a preto de 40.000 euros. 33.917,26 euros, para ser exactos.

 

O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Para o que desenvolve un Plan Anual Municipal de Asfaltados.

 

Dentro deste Plan Local de Mellora da Seguridade Viaria para o ano 2023 contémplase seguir a manter e optimizar o viario municipal, que se emprega como enlace para acceder ás infraestruturas viarias, xa sexa do Estado, autonómicas ou provinciais.

 

Grazas á pavimentación nos Camiños do Monte e do Cocho, mellorouse sensiblemente o firme e con el a seguridade viaria de condutores e peóns.

 

En total optimizáronse preto de 600 metros de viais municipais entre os dous camiños. Exactamente 583,50 metros: 311,50 metros do Camiño do Monte e 272 metros do Camiño do Cocho.

 

A realización da mellora da pavimentación dos camiños municipais supuxo a mellora da seguridade viaria nos mesmos. Incluiu actuacións previas como desbroce lateral, e limpeza de cunetas. A rehabilitación de firmes e pavimentos fíxose acorde coa Instrucción de Estradas do Ministerio de Fomento mediante a regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto, recrecido, consistente na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm de espesor, estendida e compactada. Previa a extensión de dita capa, realizouse unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica.

 

Como obras adicionais necesarias e imprescindibles para que a obra quedara perfectamente rematada, e garantir totalmente a seguridade viaria, acometeuse o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos e o arranxo das beiravías.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.