GALICIA
Fujitsu é o adxudicatario do novo computador cuántico de Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión técnica con representantes de Fujitsu España
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión técnica director xeral de Produto de Fujitsu España, Gonzalo Romeo, e coa directora xeral de Sector Público de Fujitsu España, Patricia Urbez, para avaliar o novo computador cuántico que vai albergar o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).
Conde, que estivo acompañado polo director do Cesga, Lois Orosa, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, sinalou que este computador, do que Fujitsu acaba de ser adxudicataria, estará aberto á investigación e á innovación tanto no ámbito académico como empresarial.
As tecnoloxías cuánticas actuarán como elemento tecnolóxico disruptivo para contribuír ao desenvolvemento económico en practicamente todos os sectores ao dar lugar a aplicacións e avances en medicina, medio ambiente, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción, loxística, telecomunicacións ou finanzas, entre outros. Estes avances están relacionados coa potencial capacidade e velocidade de procesamento dos ordenadores cuánticos, capaces de resolver problemas computacionais en moi pouco tempo en relación cos superordenadores clásicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169