DEPORTES
O CN Ponteareas no Campionato de España Absoluto Open
O Campionato de España Absoluto Open rematou este domingo en Palma de Mallorca (piscinas Son Hugo).
A cita era clasificatoria para os campionatos de Europa e do mundo que se disputarán o vindeiro verán.
O Club Natación Ponteareas estivo representado por tres nadadoras, Sofía Carballo, Iria Lemos e Carla Carrón, que tiveron un papel sobresainte.
Todas fixeron varias Mellores Marcas Persoais e foron quen de clasificarse no top-10 en varias das súas probas.
Como fitos destacados temos a mellor marca galega de 17 anos obtida por Iria Lemos nos 50 bolboreta e as cinco medallas que conseguiu Carla Carrón, proclamándose campioa de España na categoría absoluto-moza nas probas de 100 e 200 metros libres.
Ademáis, a nadadora do C.N. Ponteareas logrou a marca mínima clasificatoria para o Campionato de Europa (Belgrado, do 4 ao 9 de xullo) e o Mundial (Fukuoka, 14 ao 30 de xullo) júnior, aos que acudirá coa selección española para participar nas probas de 800, 200 e 400 libres. Nesta última proba acadou tamén a mínima para participar no europeo sub-23 (Dublín, do 11 ao 13 de agosto).
Un horizonte moi ilusionante para estas tres nadadoras, que teñen un horizonte con múltiples citas e retos por diante.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217