Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 08 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Charla sobre o espectro autista na infancia na Axencia de Colocación de Mos

Será ofrecida pola psicóloga e escritora Marlene Horna e require inscrición previa que xa se atopa aberta

Desde a concellería de Educación do Concello de Mos púxose en marcha, para celebrar o próximo sábado 15 de abril, en horario de 10 a 14 horas, unha charla para familias sobre o espectro autista.


Será impartida nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello de Mos por Marlene Horna, psicóloga que dende fai máis de dúas décadas traballa apoiando a persoas no espectro do autismo e ás súas familias.


Horna é autora do libro “Nenos e nenas no espectro do autismo, comprensión e estratexias prácticas de apoio educativo”. Nesta obra a psicóloga abarca, cunha visión proactiva, positiva e optimista, a comprensión e/ou apoio ás persoas en todo o amplo espectro do autismo baixo un enfoque práctico.


Coa formación organizada en Mos para as familias, búscase por en marcha os apoios necesarios que promovan o desenvolvemento persoal dos menores, co fin de que desfruten do seu dereito a unha vida plena, digna e feliz, participando e contribuíndo na comunidade.


As persoas interesadas en participar nesta charla formativa deberán inscribirse previamente no teléfono 986 339 404, ou enviando un e-mail cos seus datos a educa@concellomos.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.