GALICIA
Rueda anuncia dúas novas liñas de axudas da Xunta para apoiar os galegos que retornen a Galicia
Unha liña vai dirixida a facilitarlles a posta en marcha de iniciativas emprededoras e outra para que poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou esta semana dúas novas liñas de axudas económicas, dentro da segunda edición da Estratexia Galicia Retorna, para facilitar o retorno dos galegos do exterior. Cun orzamento global de 2,7 millóns de euros estas partidas van dirixidas, por unha parte, a facilitarlles a posta en marcha dun negocio por conta propia e, por outra, a apoiar a estas persoas retornadas nos gastos excepcionais derivados de asentarse na nosa comunidade.
O fomento do retorno dos galegos e galegas do exterior é unha das liñas estratéxicas do Goberno autonómico para facer fronte ao reto demográfico,non só como unha cuestión poboacional, senón que se trata tamén de sumar talento para enriquecer o tecido emprearial con profesionais de ampla experiencia e formación.
O presidente da Xunta lembrou que o Goberno galego ten en marcha unha segunda edición da Estratexia Galicia Retorna á que se destinan 450 millóns de euros e que ten como obxectivo facilitar, ao longo dos vindeiros catro anos, o regreso de 30.000 galegos que viven no exterior. “Obxectivo realista, porque se cumpriu xa na primeira edición”, remarcou.
En canto Á liña de axudas ao retorno emprendedor, Rueda explicou que contarán cun orzamento de 1 millón de euros. O importe desta axuda é de 6000 euros, 1000 máis se o emprendedor é muller, e 3000 máis se reside nun concello rural, chegando así, como máximo, aos 10.000 euros.
Segundo se desprende dos datos dos últimos anos relativos á concesión destas axudas, os principais países de procedencia dos beneficiarios son Venezuela, o Reino Unido, Suíza, o Brasil e México, cunha idade media dos emprendedores de 41,2 anos. O 77 % deles contan con experiencia no sector en que investiron, e o 52,1 % deles son retornados nacidos en Galicia.
En canto a liña de axudas extraordinarias ao retorno, o presidente da Xunta precisou que teñen como obxectivo facer fronte aos gastos excepcionais xerados do retorno, cun investimento para 2023 de 1,7 millón de euros.
O importe da axuda establécese en función dos puntos obtidos ata chegar a un límite de 6000 euros, xa que se incrementa a axuda se a familia reside nun concello rural, e en función do número de fillos. Os principais países de procedencia das persoas beneficiarias son, segundo os datos dos últimos 5 anos, Venezuela, a Arxentina, o Brasil, Cuba, Uruguai, México, o Reino Unido, os Estados Unidos e Chile. A maioría dos beneficiarios eran fillos de nacidos en Galicia, aínda que se está a notar un aumento no número de netos retornados.
Todos os galegos e galegas do exterior que desexen volver a Galicia contan co apoio da Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno, situada nas principais cidades galegas e onde se lles facilita toda a información que precisan no seu regreso, mesmo antes de que se produza esta volta, desde o seu país de residencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136