Vigo
Unha candea provoca o incendio dunha vivenda en Vigo
Por fortuna, a persoa que estaba dentro da vivenda resultou ilesa.
Ocorreu ás dúas desta tarde nunha vivenda unifamiliar situada no lugar da Senra de Abaixo, tal e como explicou a persoa que chamou ao 112.
Segundo detallou, o incendio sorprendeu a ocupante da casa, que estaba na ducha no momento no que se produciu o incidente. Ao parecer, unha candea prendeu nunha cortina e desencadeouse un incendio con efectos no mobiliario da cocina. Ademais, o fume tamén se estendeu pola vivenda e ocasionou danos.
A boa nova é que a señora resultou ilesa.
Para sufocar o incendio, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Vigo e tamén acudiron os axentes da Policía Local e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11