VIGO
Un proxecto innovador dos alumnos vigueses que representarán a España na final da First Lego League
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou esta semana s o Colexio Montescatelo para coñecer ao equipo que viaxará a Sidney
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaba o pasado martes aos alumnos do Colexio Montescatelo que se proclamaron campións da First Lego League o pasado mes de marzo e que representará a España na final da competición internacional que se disputará o vindeiro mes de xuño en Australia.
“Estamos ante o mellor exemplo do talento da mocidade viguesa e do éxito da incorporación das materias STEM á nova estratexia educativa para achegar materias tan relevantes como as ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas”, sinalou a representante autonómica tras manter un encontro co equipo que logrou vencer na fase final disputada en Cartaxena.
Acadaron en Cartaxena o principal premio de Innovación polo proxecto Energy Step, consistente en baldosas intelixentes para producir electricidade coa pisada
O equipo do colexio bilingüe Montecastelo en Vigo xa recibira o Primeiro Premio na categoría Challenge o pasado mes de marzo en Burgos. Competiu naquela proba con máis de 250 estudantes, provenientes de 35 centros educativos de Castela e León, A Rioxa, Navarra e Galicia. Os alumnos prepararon o proxecto e deseñaron o robot asesorados polo seu titor, o profesor de tecnoloxía Bernardo Longa.
Xa na final, celebrada na Universidade de Cartaxena o 25 de marzo, o equipo coronouse como gañador do Primeiro Premio ao Proxecto de Innovación. A Fundación Integra outorgou o premio ao equipo polo seu proxecto innovador, Energy Step, que consiste en baldosas intelixentes adaptables a calquera tipo de chan para producir electricidade coa pisada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11