CULTURA
CREA presentana illa de San Simón a primeira edición do seu laboratorio audiovisual Conecta Lab
Durante nove días sete cineastas e guionistas do audiovisual galego desfrutarán destas residencias artísticas recibindo formación e titorías personalizadas de recoñecidos profesionais do sector como Oliver Laxe, Carlos Marqués- Marcet, Icíar Bollaín ou Celia Rico entre outros.
Esta mañá ás 13 horas inaugurouse no edificio de seminarios da Illa de San Simón o Conecta Lab, un laboratorio creativo de desenvolvemento de proxectos cinematográficos no que os sete seleccionados, Iria Sobrado, Alexandre Cancelo, Nacho Ozores, Lidia Fraga, Jacobo Díaz, Irene Pin e Dani Viqueira, traballarán nos seus respectivos proxectos de maneira persoal, acompañados por titores especializados coa fin de profundizar en aspectos artísticos e narrativos.
Ao acto de presentación do Conecta Lab - un proxecto desenvolvido por CREA en colaboración coa Deputación de Pontevedra que conta co financiamento do Ministerio de Cultura y Deporte e da Unión Europea a través de Next Generation EU e co patrocinio de DAMA (Derechos de Autor de Medios Audiovisuales) - acudiron a presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva, a concelleira de cultura do Concello de Redondela Iria Vilaboa, Pablo Cameselle e Amaia da Vigo Film Office e Elena García e Ángela Andrada da AGAG (Asociación Sindical Galega de Guionistas)
“A cultura ten un enorme poder transformador, ten a capacidade de construir sociedades capaces de crear un pensamento propio, por iso, desde a administración temos que crear lazos e complicidade co talento. Sentímos moito orgullo ao traballar con CREA nun proxecto tan potente coma este”
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Durante o Conecta Lab, a illa será tamén escenario dunha serie de encontros profesionais, mesas redondas, e proxeccións e instalacións artísticas que xeren espazos de comunicación entre creadores/as, formulen temas de debate profesional ou aborden aspectos innovadores da creación audiovisual.
“A illa ten unha memoria que non se pode esquecer e como creadores podemos empaparnos dela, refacela e potenciala a través das nosas creacións. Aos participantes do Conecta Lab a influencia da illa vainos facer pensar”
Fon Cortizo, presidente de CREA
Ademais, tamén se estreitarán lazos con Portugal a través do Encontro de Cine Arraino, no que haberá unha charla con André Guiomar (presidente de APNEIA - Asociación de directores do norte de portugal), Luis Costa (membro de APNEIA e produtor de Olhar de Ulisses) e Mafalda Rebelo (Cimabilo Filmes) sobre o cinema no país luso e as conexións con Galicia, así como unha proxección da película “Fuego Fatuo” e posterior coloquio do seu director, João Pedro Rodrígues.
O programa complétase cunha ruta para coñecer localizacións da ría de Vigo da man da Vigo Film Office e a mesa redonda “Perspectiva – Miradas de xénero no cine”, que contará coa participación de Paula Cons, María Vázquez, Belén Puime e Álvaro Gago.
Importantes profesionais do audiovisual titorizarán os proxectos seleccionados
Durante estes nove días os proxectos seleccionados contarán coa titorización e a formación de Oliver Laxe (“O que arde”), Fernando Franco (“La herida”), Carlos Marqués - Marcet (“10.000 km”), Laura Sarmiento (“Intimidad”), Álvaro Gago (“Matria”), Álex Rodrigo (“La casa de papel”), Mikel Gurrea (“Suro”), Celia Rico (““Viaje al cuarto de una madre”), Álvaro Vega (CEO en DobleSentido), Enrique Lojo (“La Sala”), Marjorie Bendeck (directora del mercado de coproducción para Europa Oriental Connecting Cottbus) e Icíar Bollaín (“Maixabel”).
Haberá varias masterclasses DAMA abertas ao público vía zoom previa inscripción na web crea.gal sendo as impartidas por Oliver Laxe o vernes 14 de abril ás 20.00 h., a de Carlos Marqués-Marcet, o domingo 16 de abril ás 20.00 h. e a de Pablo Martí o luns 17 de abril ás 19.30 h. A sesión a cargo de Icíar Bollaín, o sábado 15 de abril ás 18.00 horas, será presencial, de acceso libre, y terá lugar no Museo MARCO de Vigo.
Sete proxectos galegos convivirán na illa de San Simón
Iria Sobrado levará a cabo a longametraxe de ficción “Aquagym”, na que fai unha oda á sororidade na vellez. Alexandre Cancelo traballará nun proxecto de longametraxe de ficción que xoga co documental sobre Grimsey, unha pequena illa de Islandia. Pola súa parte, Nacho Ozores desenvolverá “A idea dun fillo”, unha longametraxe de ficción na que narra a vida dun actor sen traballo que non quere ter fillos, e cuxa parella sí quere ser ter.. En “Normal”, de Lidia Fraga e Jacobo Díaz , unha nai enfréntase á dúbida de que o seu fillo sexa un psicópata. “Terás que saltar”, de Irene Pin é unha longametraxe de ficción que conta a historia de coming of age de Eli, unha moza de 22 anos e Dani Viqueira traballará na longametraxe de ficción “Invisibles”, un thriller fantástico de terror psicolóxico no que, cando es invisible, a ninguén lle importa o que te pase.
O espazo, a illa de San Simón
Se hai un elemento que marcará o devenir do Conecta Lab é sen dúbida a súa localización. A illa de San Simón é un espazo único situado no corazón da Ría de Vigo, escenario dalgún dos episodios máis sinalados da nosa historia. Desde os templarios e franciscanos ata os piratas ingleses de Francis Drake ou a creación dunha leprosería no século XIX e dunha cárcere e campo de concentración durante a Guerra Civil e os anos do franquismo.
Hoxa, San Simón trata de revertir a enerxía que aínda late no seu corazón, convertida en espazo público para a creación cultural. Aelección deste lugar tan cargado de historias, de emocións, de narracións, non é casual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.183