Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 15 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Lara Meneses: “En política é importante saber escoitar e empatizar cos teus veciños”

Nun podcast en Primeira Persoa do PPdeG

A candidata do PP á alcaldía de Tomiño, Lara Meneses, pon en valor a súa mocidade “porque a xente nova temos moito que aportar a nivel político: renovación, frescura, novas ideas, un punto de vista diferente ao que estamos acostumados en Tomiño”.

 

Con respecto ao seu concello, bota en falta “iniciativas para crear emprego que permitan asentar poboación e coas que garantir que as novas xeracións poidan quedarse en Tomiño”. Pero tamén “moitos servizos básicos, entre eles o saneamento, que aínda non chegan ás parroquias. Desde o PP de Tomiño queremos traballar para todos”.

 

A nivel persoal defínese como “comprometida, perseverante, traballadora, e próxima”, á que lle gusta pasar o tempo libre coa súa familia e cos seus amigos.

 

Recoñece que, grazas ao negocio de hostalería da súa familia, desde pequena estivo rodeada de xente. “Sempre me gustou escoitar aos veciños, estar en contacto coas persoas. Iso marcoume para ser unha persoa moi empática. Gústame escoitar, falar coas persoas maiores e aprender das súas experiencias”. Unhas cualidades que, sinala, son fundamentais: “En política é importante saber escoitar e empatizar cos teus veciños, porque senón é difícil responder ás súas necesidades. E o certo é que en Tomiño o Goberno escoita pouco”.

 

Do seu concello, “o que máis me gusta son as súas parroquias. Eu son dunha parroquia con poucos habitantes. E todas teñen moito potencial, pero están moi pouco aproveitadas. Son as grandes descoñecidas a nivel arquitectónico ou paisaxístico, pero tamén as grandes esquecidas a nivel servizos”.

 

Viviu en Salamanca, Burdeos, París... ““viaxar e saír do teu núcleo permíteche coñecer novas culturas, é un aporte importante a nivel vital. Aprendes a entender e descubrir outras formas de vida. Convértete nunha persoa máis crítica para saber o que queres para o teu pobo, isto é fundamental”.

 

Por iso, si goberna o PP en Tomiño, “ofreceremos á xente moza becas ou axudas para que poidan facer cursos de inmersión lingüística fóra de España, non só para practicar outra lingua, senón tamén para coñecer outras culturas e xeitos de vida”.

 

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.

 

A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.