Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 16 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Cans de terapia interactúan co alumnado porriñés

206 escolares participan nos obradoiros de educación en valores asistidos por cans de terapia

A concellería de Educación e a OMIX están a levar a cabo nos centros educativos de Porriño uns obradoiros moi especiais: os obradoiros de educación en valores asistidos por cans de terapia. Nesta actividade participan 206 alumnos e alumnas de segundo de primaria de diferentes colexios da zona.

 

Estes obradoiros teñen como obxectivo trasladar os beneficios que a presenza de animais pode ter no entorno escolar, a fin de traballar valores transversais e fomentar a posesión responsable de mascotas. Carolina González, concelleira de Educación, explicou que a actividade tamén se enfoca en traballar a compañeirismo, o respecto, a integración, a solidariedade e a autoestima, así como os hábitos de hixiene e alimentación saudable.

 

Nestes obradoiros, os alumnos e alumnas abordan temas como a educación en positivo, o acoso escolar e os contratempos derivados de problemas de conducta, sempre a través dunha metodoloxía activa, participativa, lúdica e integradora.

 

 

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.