SALUD
Baiona acolle o XVI Curso de Formación en Linfomas en colaboración co Grupo GOTEL
Máis de cen expertos en linfomas, especialistas en Oncoloxía e outras áreas clínicas reúnense os vindeiros venres 14 e sábado 15 de abril no Parador de Baiona no marco da décimo sexta edición deste curso que coordina anualmente o Grupo Oncolóxico para o Tratamento e Estudo de Linfomas -GOTEL-
O Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra organiza durante os vindeiros venres 14 e sabado 15 de abril no Parador de Baiona o XVI Curso de Formación en Linfomas. Un relevante evento formativo e clínico no que máis dun centenar de expertos en linfomas, especialistas en Oncoloxía e outras áreas clínicas, procedentes de territorio nacional e internacional, abordarán os principais avances neste tipo de cancro, grazas a un evento que coordina anualmente o Grupo Oncolóxico para o Tratamento e Estudo de Linfomas -GOTEL-. Dito colectivo oncolóxico conta coa cooperación dun total de 45 hospitais asociados e 152 membros en toda España comprometidos no tratamento e investigación dos linfomas.
Durante a celebración do XVI Curso de Formación en Linfomas -que conta co aval da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM)- avaliaráse o desenvolvemento da enfermidade, os seus novos tratamentos así coma os principais avances que xurdiron en relación coas neoplasias linfoides. Ditas patoloxías son un tipo de cancro do sistema linfático -parte da rede do organismo que combate os xermes- que afecta ao sistema inmunitario e diagnostícase tanto en poboación adulta coma infatil e xuvenil.
A inauguración do XVI Curso de Formación en Linfomas contará o vindeiro venres 14 de abril ás 9 horas no Parador de Baiona coa asistencia do xerente da Àrea Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, o doutor José Flores Arias, o presidente do Grupo GOTEL, o doutor Mariano Provencio e o xefe de sección de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e presidente do Comité Organizador, o doutor Francisco Ramón García Arroyo, entre outras autoridades.
Programa formativo multidisciplinar do curso
Baixo a dirección do Grupo GOTEL e coa colaboración do servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o programa formativo multidisciplinar deste curso contempla a participación de expertos de diversas áreas como Oncoloxía Médica e Radioterápica, Anatomía Patolóxica, Hematoloxía, Medicina Nuclear, Bioinformática e Investigación, que teñen relación coa abordaxe e tratamento dos linfomas. En concreto, 16 profesionais de distintos puntos de España exercerán como relatores e moderadores neste curso formativo.
Por parte do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra intervirán neste XVI Curso de Formación en Linfomas os doutores Carlos Àlvarez -anatomía patolóxica- Iria Carou -oncoloxía médica- Alba Guitián -cardioloxía- Rafael Romero -hematoloxía- e Ángeles Florez -dermatoloxía-.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218