O PORRIÑO
Primeira edición da “Porriño Fashion Weekend”
Desfiles, música e moito máis é o que ofrecerá a primeira edición da "Porriño Fashion Weekend" que se desenvolverá dende o venres ata o domingo.
Este evento, que converterá a vila nunha gran pasarela de tendencias, arrancará o venres 14 coa Shopping Night, unha noite de comercio aberto na que os establecementos da vila abrirán tamén dende as 21 h e ata as 24 h. Unha noite de compras na que haberá tamén Djs, coctelería, sorteos e moitas propostas da man de comerciantes e hostaleiros.
O broche de ouro a esta primeira xornada será musical da man da orquestra Panorama que actuará a partir das 24 h na rúa Antonio Palacios (á altura do parque Ordóñez) e a continuación DJ DGrace. Reservarase unha zona para persoas con mobilidade reducida.
A programación continúa o sábado 15 coa Fashion Night. A partir das 19 h a rúa peonil transformarase nunha gran pasarela que mostrará as últimas tendencias en moda, peiteados e florería da man do comercio local. Zapatería, moda, ropa infantil e deportiva, complementos, peiteados, maquillaxe, vestidos de noiva e arreglos florais compoñen as propostas que lanzan os establecementos participantes.
A xornalista porriñesa, Raquel Atanes, será a encargada de presentar o desfile, que rematará coa música en directo de Manu Pereyra (en colaboración con Origen Café).
A música tamén clausurará a xornada coa sesión dj na praza da man de DJ Raper & Traffic House.
O domingo 16 desenvolverase o Fashion Market, un gran mercado que se instalará na rúa Leandro Diz a partir das 16 h.
O evento está organizado polo Concello do Porriño en colaboración cos comercios da vila, a asociación de hostaleiros AHOSPOR e a Xunta de Galicia.
Participantes: Addiction, Elisardo Moda, Ishop, Moda Click, Volvoreta, Zafiro, Topitos, Polisport, Mapa Porriño, Orevshop, Meigallo, Dana Shop, Brooklyn Moda, Suengas, Andreu, Minerva, Noa, Zapatería Tic Tac, José Vila Estilistas, Sencar Peluqueros, Blackbird, Xiada Costas, Merchy Díaz, Eliseo Peluquería, Ondas y Perfil, Dillarte, Abreu, Marisé, Xantar de Pepa, La de Chato, Nómadas, Scala, Francachela, Argentino 2, Hotel Parque, La Cueva, La Bendecida, El pincho, Origen Café, Underground, La Bici, Bolboreta, Galibar, El cincuentaicinco e a Vinoteca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58