Lunes, 29 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Xunta comezará actuacións de limpeza en tres estradas autonómica de Vigo

A Xunta comeza nesta semana semana actuacións de limpeza e acondicionamento en tres estradas de titularidade autonómica ao seu paso polos concellos de Santa Comba e de Vigo.

 

En concreto, executaranse traballos de axardinamento nas glorietas da estrada AC-406, no tramo coincidente co concello coruñés de Santa Comba.

 

Ao tempo, iniciaranse os traballos en dúas vías autonómicas en Vigo, realizándose labores de roza e limpeza nas marxes da PO-010 e tarefas de acondicionamento de sendas na PO-552, á altura de Coruxo.

 

Tamén se continuará coas tarefas xa iniciadas en semanas previas noutras estradas autonómicas das 4 provincias, como é o caso dos traballos que se están a acometer na vía de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas; e na PO-551, en Moaña.

 

Ademais seguirán os traballos de roza e limpeza na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1) e na estrada LU-162, nos concellos do Valadouro e Foz.

 

Tamén se dará continuidade ás tarefas de limpeza nas estradas da provincia de Ourense, concretamente na OU-310, OU-540 e OU-402, ao seu paso polos concellos de Verín e Vilardevós, de Barbadás e de Cortegada, respectivamente.

 

Seguridade viaria

Estas intervencións están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 M€, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas e a mellora da seguridade viaria. As actuacións permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais na rede viaria autonómica e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.