Jueves, 16 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 18 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
MOS

Mos forma aos seus maiores no uso da tecnoloxía móbil

Impartirase durante 6 sesións do 20 de abril ao 25 de maio e as persoas interesadas xa poden inscribirse na Axencia de Colocación

Desde o Concello de Mos, concretamente desde a concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, infórmase da formación con inicio o vindeiro 20 ABRIL: FORMACIÓN TIC PARA MAIORES, dentro do PROGRAMA TIC PARA O BENESTAR DAS PERSOAS MAIORES.

 

A iniciativa ten por obxectivo a promoción do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida a través da tecnoloxía (subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude), que desenvolve o Concello de Mos, xunto con Fundación Esplai, á que está adherido desde o ano 2016.

 

O proxecto TIC para o benestar das persoas maiores, financiado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, busca promover unha vida digna e independente das persoas maiores de 55 anos en Galicia.

 

Ademais, a través da alfabetización dixital promociónase o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores. O acompañamento e a empatía son dúas das ferramentas fundamentais destes talleres para que as persoas maiores consigan unha maior aprendizaxe e unha maior autonomía coas tecnoloxías.

 

O título do curso é “Alfabetización dixital a través do smartphone (móbil)” e desenvolverase durante 6 sesións:

20 abril.- 1ª Manexo básico do smartphone. (Partes básicas do teléfono, sistema operativo, panel de notificacións, conexión a Internet, organización do menú de inicio, boas prácticas para a recuperación de espazo, etc.)

27 abril.- 2ª Aplicacións para a vida diaria. (App Play Store, Google Lens, Sergas Móbil, Google Maps, Moovit, etc.)

4 maio.- 3ª Navegación por Internet. (Conceptos básicos, barra de ferramentas, identidade dixital, etc.)

11 maio.- 4ª Comunicación por Internet. (Conceptos básicos, cartafoles do correo e operacións: ler, responder, reenviar, borrar, etc.)

18 maio.- 5ª Ciberseguridade. (Marco conceptual e contextual en España sobre ciberdelitos, liña de axuda 017, boas prácticas aplicadas por nós/as e por terceiros.

25 maio .- 6º Aplicacións e webs para o lecer e estimulación cognitiva. (Aplicacións, webs, outros dispositivos tecnolóxicos e entrega de diplomas).

 

Impartirase na Axencia de Colocación de Mos, Avda. Peinador, 39, Mos en horario de 16:00 h - 17:30 h da tarde e para inscribirse é preciso chamar ou escribir á Axencia de Colocación do Concello de Mos: 986487786 ou info@axenciadecolocacionmos.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.