Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 19 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Ciencia no Val de Miñor

[Img #81495]O IES Primeiro de marzo de Baiona e o IES Val Miñor de Nigrán organizan, en colaboración cos concellos de Baiona e Nigrán, unha xornada científica para o público en xeral que se desenvolverá no Centro Multiusos do Mercado de Sabarís o venres 21 de abril a partir das 10:30 da mañá.


Pola mañá de 10:30 a 13:30 desenvolverase a Primeira Feira de Ciencia “Val de Miñor é Ciencia” na que en diversos stands, alumnado de secundaria e bacharelato divulgará conceptos científicos a través de diversas experiencias e obradoiros. A esta Primeira Feira de Ciencia asistirá numeroso alumnado dos centros de primaria da contorna e tamén poderá asistir público en xeral ata completar o aforo do local. As temáticas que se abrodarán teñen que ver coa importancia e diversidade xeolóxica de Monteferro, o efecto do CO2 como gas de efecto invernadoiro, principal responsable do cambio climático, na acidificación das augas oceánicas e o seu impacto no ecosistemas, o estudo das áreas das praias da contorna, a medición da calidade da auga dos ríos polo estudo dos macroinvertebrados, a elaboración de xardíns químicos e outras cristalizacións, a creación de origami modular con unidades sonobe, o estudo da luz con espectroscopios e a determinación de vitamina C con iodo, entre otras.


Pola tarde, a partir das 18:00, alumnado que desenvolveu proxectos de investigación nos últimos anos tanto no Clube de Ciencia do IES Primeiro de Marzo como no programa STEMBach do IES Val Miñor, presentarán os seus traballos.


As ponencias rematarán cunha conferencia a cargo de Khadija Amanda Barciela López titulada, “A investigación e conservación do chimpancé en Senegal e Guinea”. K. Amanda é licenciada en Bioloxía pola USC, con máis de 7 anos de experiencia no terreo da investigación e conservación do chimpancé en África occidental. Foi asistente de investigación no Instituto Jane Goodall en Senegal e actualmente é analista de datos e técnica de proxectos da mesma institución tamén en Senegal.


O obxectivo desta iniciativa en palabras dos seus promotores, os profesores de Bioloxía Marcos Lago do IES Primeiro de Marzo e Juan Hermida do IES Val Miñor, e todo o profesorado colaborador é “promover e espertar vocacións científicas no seu alumnado e na sociedade así como realizar un labor de concienciación na importancia do papel que a ciencia debe cumprir na sociedade como garantía dunha mellor xestión do recursos naturais”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.