VIGO
Ana Mena estará en Castrelos o 15 de agosto
O goberno municipal inicia a tramitación do expediente de contratación do concerto que a artista malagueña ofrecerá este verán dentro do programa de festas da cidade. Tamén se iniciou o expediente de contratación do espectáculo infantil “La Rayuela”
O alcalde informou da tramitación do expediente de contratación do concerto de Ana Mena, artista que acumula 44 discos de platino; un disco de diamante e 4 discos de ouro en Europa. Como destacou Abel Caballero “conta con máis de 6 millóns de oíntes mensuais en Spotify e máis de 1.700 millóns de reproducións dos seus vídeos y cancións en Youtube”.
Ana Mena acaba de iniciar a súa xira “Bellodrama Tour” coa que realizará unha parada para interpretar todos os seus éxitos o vindeiro 15 de agosto en Castrelos. Nas últimas semanas encabezou a lista dos discos máis vendidos en España, destacando nas súas producións as mesturas de ritmos urbanos de raíces latinas, así como a colaboración con artistas como Becky G, Belinda ou Abrham Mateo.
Con Ana Mena, o Concello iniciou a tramitación de contratación de 4 concertos en Castrelos, coas actuacións de Andrés Calamaro (8 de xullo); David Bisbal (15 de xullo); Pablo López (24 de xullo) e agora Ana Mena (15 de agosto).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11