Viernes, 20 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Presentada a nova cartografía, planimetría e rede topográfica de Salceda

Recentemente presentáronse no Centro Cívico de A Devesa a Cartografía Six, Ortofoto Dixital e Rede Topográfica do concello de Salceda de Caselas.


Á presentación destes traballos, financiadas a través do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra, asistiu a presidenta provincial Carmela Silva, o deputado provincial Santos Héctor Rodríguez que quixeron acompañar á alcaldesa Verónica Tourón e aos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno.


A través dunha proxección explicada polo técnico do departamento de urbanismo Rubén Martín Vázquez, as persoas asistentes puideron comprobar a enorme importancia e utilidade da elaboración destes traballos para desenvolver as tarefas diarias e permitirá ao departamento ser máis áxil.


Este traballo adaptado á normativa actual é a base do novo PXOM, permitirá levar a cabo o desenvolvemento do planeamento urbanístico do municipio, quedando así feitos os traballos previos necesarios para a elaboración do Plan Xeral.

 

Coa realización dun voo fotogramétrico en cor da totalidade da superficie do termo municipal, obtivéronse os datos necesarios para a elaboración da Rede básica cartográfica co seu correspondente enlace á Rede Xeodésica activa existente (Galnet).

 

Co apoio fotogramétrico e a aerotriangulación xerouse a base topográfica harmonizada da cartografía restituíndoa a diferentes escalas do termo municipal.

 

Con este traballos obtívose igualmente unha ortofotografía así como unha restitución dixitalizada de todo o termo municipal en 3D a escala 1:500 do núcleo urbano e o polígono industrial, a 1:1000 das zonas urbanizadas e a 1:2000 das zonas rústicas de monte e cultivo.

 

Esta aplicación das técnicas máis avanzadas permite substituír os anteriores planos cartográficos municipais que estaban totalmente desactualizados.

 

Verónica Tourón, alcaldesa e concelleira de urbanismo sinalaba que: “coa elaboración da Cartografía e a Rede Topográfica municipais sentamos unhas bases sólidas para a elaboración do Plan Xeral. Permítenos tamén traballar sobre as correctas dimensións e características das diferentes áreas e zonas que conforman o noso termo municipal e así garantir o desenvolvemento urbano sostible e ordenado para toda a veciñanza”.


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.