REDONDELA
Isaac Borja Araújo presenta o seu libro «Luis Telmo Bernárdez Santomé, un bo e xeneroso»
A Casa da Cultura de Redondela acolle, este venres 21 de abrol ás 19:30 horas, a presentación do libro de Isaac Borja Araújo «Luis Telmo Bernárdez Santomé, un bo e xeneroso». Un libro patrocinado polo Concello de Redondela que realiza un achegamento biográfico á vida e traxectoria política e profesional do médico redondelán Dr. Luís Telmo Bernárdez Santomé.
A figura de Luís Telmo Bernárdez Santomé (Redondela, 1885-1936), ilustre médico e político republicano que foi elixido a alcalde da vila dos viadutos en 1923, recibe a homenaxe do seu pobo tras ser nomeado "Persoeiro do ano 2015".
Entre os moitos méritos que atesoura Telmo Bernárdez atópase o seu labor profesional como médico en Redondela, ademais de inspector municipal de Sanidade. Bernárdez pertenceu aos "mozos turcos" de Redondela, foi o principal impulsor do xornal local "A Opinión" de tendencia agrarista, así como do xornal provincial "O País", de tendencia republicana. No ámbito político foi alcalde da localidade en 1923 e xogou un papel importante como un dos líderes de agrarismo en Redondela.
Na presentación, Isaac Borja Araújo estará acompañado da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8