Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 23 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Lorenzo desvela parte da súa candidatura

Incorpora a Carlos Martínez Nogueira coma número dous

O alcalde e candidato á reelección, Alejandro Lorenzo, avanzou hoxe a incorporación á súa lista en postos de saída de Carlos Martínez Nogueira, Rosa Isabel Alonso Romero e Marcos Martínez Campos, que xunto co seu equipo actual completan os once corporativos cos que aspira conformar o próximo goberno municipal.

Lorenzo aposta así pola continuidade do seu equipo, reforzándoo con incorporacións de marcado perfil técnico que acentuarán a xestión municipal, todos eles persoas “que encaixan e aportan valor ao equipo, cunha gran capacidade de traballo e vocación de servizo”. 

Carlos Martínez, quen se perfila como peza importante do próximo mandato pola súa experiencia na xestión municipal, ocupará o número 2. Martínez ten 54 anos e é natural da parroquia de Atios, aínda que a día de hoxe reside en Pontellas. Licenciado en Dereito leva décadas exercendo a avogacía no Porriño e conta cun gran coñecemento da administración local, pois foi concelleiro da corporación dúas lexislaturas, dende o 2011 ata 2019. Na primeira delas como parte do equipo de goberno  ao frente das áreas de Patrimonio, Servizos Xurídicos e Canteiras, na que levou ou peso da negociación que, en termos de licencias de actividade e organización, iniciou a regularización da actividade industrial das canteiras do Porriño. Na segunda, como voceiro do grupo municipal popular.

Outra novidade é Rosa Isabel Alonso, veciña da parroquia de Budiño, que se incorpora no número 7 da candidatura. Alonso, de 44 anos de idade desenvolve a súa carreira profesional no eido da contabilidade e a administración. Destaca pola súa implicación e compromiso social e forma parte como tesoureira da directiva da ANPA do CEIP Cruz Budiño.

Por último súmase Marcos Martínez, de 46 anos e veciño da parroquia de Cans que ocupará o número 11 da lista. Martínez desenvolveu a súa carreira profesional no sector da construción e conta cunha gran experiencia en obra pública. É Vicepresidente da AV Castelo de Cans e membro da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Cans. “A súa implicación activa na vida cultural e social e a súa gran capacidade de traballo avalan a súa candidatura” sinala.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.