Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 25 de Abril de 2023 Tiempo de lectura:
PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Deputación aprobou axudas para Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Redondela e Vilagarcía

A Deputación de Pontevedra conseguiu tramitar “en pouco máis de dous meses o 100% das axudas do Plan Concellos” de 2023. A presidenta, Carmela Silva, subliñou este dato, que supón “unha tramitación máis rápida que nunca”, xa que unha vez rematado o 1 de febreiro o período de solicitude de obras por parte dos concellos beneficiarios (os de menos de 50.000 habitantes), a Deputación recibiu “222 proxectos na liña 1 de investimentos” que foron “tramitados ao 100%, o que significa que o persoal de área de Cooperación revisou todos estes proxectos en pouco máis de 2 meses para poderlles dar o visto bo”. Tamén no marco do Plan Concellos, a Deputación recibiu 53 solicitudes na liña 2 e outras 57 solicitudes na liña 3 de emprego, estas últimas xa concedidas na súa totalidade.

 

A presidenta tamén informou das achegas que recibiron hoxe o visto bo da Xunta de Goberno, que xunto coa aprobación de proxectos de infraestruturas suman en total unha mobilización de 1,1 millóns de euros para Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponteareas, Redondela e Vilagarcía.

 

No marco da liña 1 do Plan Concellos aprobáronse axudas para sufragar as seguintes actuacións: en Campo Lameiro, 193.000 € para actuacións de mellora do firme en camiños rurais, concretamente na Congostra II, a zona verde do Polígono da Facha e a pista Moraño-A Brea; en Vilagarcía, 160.000 € para a mellora e acondicionamento do acceso á contorna de Trabanca Sardiñeira; en Cerdedo-Cotobade, 78.000 € para reparacións de infraestruturas municipais en Cavadosa, Lourido e Cerdedo; e en Redondela, 71.148,87 € para a subministración e instalación de marquesiñas na Avenida de Redondela, en Chapela. En total, unha mobilización de 502.000 euros.

 

A Deputación tamén aprobou o proxecto de execución para a humanización da Avenida Sarmiento Rivera na EP-4006, entre a Avenida Rosalía de Castro e a Rúa Redondela, en Ponteareas, cun orzamento de 630.423 € asumidos por completo pola institución (xa que o 30% municipal se sufraga co Plan Concellos). Carmela Silva sinalou que esta actuación “suporá un cambio transcendental que mellorará as condicións de seguridade e mobilidade peonil nesta avenida tan céntrica, cun espazo peonil moi potente e que antes nin sequera tiña beirarrúas”. As obras implican unha mellora profunda da contorna urbana de Ponteareas, onde se acometerán actuacións que teñen por obxecto acondicionar e mellorar as características da estrada en beneficio da seguridade e comodidade das persoas usuarias: pasos de peóns sobreelevados, adecuación da iluminación, dotación de sinalización e reposición de servizos afectados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.